luns, 7 abr 2025
O alcalde recibiu este luns ás 47 alumnas do Colexio As Acacias que participan na visita didáctica do programa municipal "Aventura non Vigo Vello-Reconquista 2025", animándolles a interesarse por coñecer a historia da cidade e especificamente por un dos episodios de maior transcendencia como consecuencia de que en 1809 a cidadanía de Vigo liderou o inicio da expulsión de España das tropas napoleónicas. Ata o próximo día 11 de abril preto de 1.000 escolares percorrerán, con visitas teatralizadas, os puntos craves do centro histórico de Vigo onde tivo lugar A Reconquista.
luns, 7 abr 2025
Abel Caballero presentou hoxe, co concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, o presidente da Fundación SonDeSeu, Anxo Pintos, o director da orquestra, Xaquín Xesteira, e a intérprete solista de arpa, Begoña Riobó, o concerto “Arpas Atlánticas” que terá lugar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Teatro García Barbón.
luns, 7 abr 2025
Abel Caballero mantivo unha xuntanza coa Fundación do Secretariado Xitano de Vigo e Galicia na que fixeron entrega da bandeira do pobo xitano que xa ondea na Praza do Rei. O goberno local outorga unha subvención de 18.000 euros á Fundación para programas de inclusión sociolaboral. O programa Acceder serviu no 2024 de apoio a 122 persoas de etnia xitana que conseguiron un contrato laboral, das cales o 55% foron mulleres. O 8 de abril conmemórase o Día Internacional do Pobo Xitano, na que se recorda o primeiro Congreso Mundial romaní celebrado en Londres en 1971, onde se instituíu a bandeira e o himno deste pobo. Amais, este ano 2025 conmemórase o 600º aniversario da chegada das persoas xitanas á península ibérica. Na actualidade, o 8 de abril é unha xornada na que se reivindica o seu dereito ao recoñecemento e á igualdade.
venres, 4 abr 2025
O alcalde reclamou hoxe, ante os 200 especialistas que participan no "I Congreso Estatal de Linfedema, Lipedema e Insuficiencia Venosa", que ten lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro, a dotación de máis recursos para que os especialistas conten co mellor contexto e medios técnicos para desenvolver o seu traballo e atención médica dunhas patoloxías que afectan de forma maioritaria ás mulleres. Abel Caballero expresou a vontade de colaboración do Concello de Vigo, asegurando que "estaremos presentes no que poidamos contribuír".
venres, 4 abr 2025
Abel Caballero entregou hoxe as medallas da carreira solidaria organizada polo Colexio Possumus, que este ano coincide co Día mundial da actividade física e o deporte, en favor do colexio kenyano, Habari Njema Hope School. A iniciativa, liderada pola directora do centro, Alba Villar, serve para dotar ao centro de aulas e corredores con solo de cemento, así como para reparar pingueiras, arranxar xanelas e portas, ademais de iniciar a construción dunha aula nova. O Concello colabora coas 230 medallas recibidas polo alumnado do centro.
venres, 4 abr 2025
A Xunta de Goberno do Concello aprobou na reunión deste venres a reconstrución e reparación dos muros das instalacións municipais do campo de fútbol Sárdoma-Moledo, do Parque Nelson Mandela e da piscina das Travesas. O investimento nas tres obras ascende a 1,5 millóns de euros.
venres, 4 abr 2025
O alcalde enviou, no día de hoxe, unha carta ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, solicitándolle a “actualización” da súa achega tendo en conta o IPC.
venres, 4 abr 2025
Abel Caballero afirmou este venres, no acto de clausura das presentacións da "Fundación Fish Nation" e de "A Guía de Sostibilidade", organizada por Conxemar no Museo do Mar, que a organización que reúne ás empresas internacionais que elaboran produtos do mar conxelado representa "a forma de entender o mundo desde a cooperación permanente", tanto durante a feira anual como nas relacións comerciais que se manteñen ao longo dos anos. O alcalde incidiu na transcendencia da pesca conxelada polas súas vertentes de sostibilidade e de produto alcanzable para a economía e saúde dos consumidores. O rexedor, ao tempo que destacou o esforzo investidor das empresas do conxelado por contar con barcos e equipamentos con tecnoloxías de última xeración, referendou a colaboración do Concello de Vigo co sector como se constata en cada edición de Conxemar.
xoves, 3 abr 2025
Abel Caballero trasladou hoxe aos 48 alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Mestres Goldar, que participan no programa educativo "Visita o teu Concello", a incidencia na calidade de vida dos vigueses das decisións que se adpotan todos os días no Concello, desde o abastecemento da auga ás distintas liñas de apoio a todo o estudantado da cidade. O alumnado percorre as principais dependencias da administración local para coñecer tanto a actividade cotiá, como o traballo que se desenvolve nos principais departamentos.
xoves, 3 abr 2025
O alcalde de Vigo, a primeira tenente de alcaldía, e a concelleira de Educación, trasladaron este xoves aos 34 alumnos do CEIP Canicouva, que participan no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello", a valentía con que a cidadanía de 1809 enfrontouse ás tropas francesas para protagonizar o inicio da Reconquista de España do dominio napoleónico. Desde marzo ata medidados de abril preto de 1.000 escolares participan nas visitas teatralizadas que achegan aos alumnos de quinto e sexto de primaria a un dos episodios da historia de Vigo máis celebrados na cidade.