venres, 24 xan 2025
O goberno municipal adxudicou este venres o segundo lote das novas obras de humanización programadas en parroquias de Vigo. “Contratamos as obras de 14 rúas de 10 parroquias”, explicou o alcalde ao anunciar que en marzo comezará a substitución do empedrado da rúa Doutor Cadaval por asfaltado pulido.
xoves, 23 xan 2025
Abel Caballero trasladou este xoves aos protagonistas do mundo do cinema na presentación da Vigo Film Office na Feira Internacional de Turismo que "queremos que esteades na cidade” para incrementar o número de rodaxes. No 2024 un total de 50 producións converteron á urbe nun gran escenario para películas, documentais e anuncios. “Vigo é cinema porque toda a nosa historia é un guión que todos os vigueses creamos cada día”, e "todo o que un director quere para rodar está en Vigo", recalcou o alcalde.
xoves, 23 xan 2025
O Concello expuxo no stand de Turespaña a súa oferta turística “única no mundo” da man de embaixadores como Carlota Corredera, Rodolfo Irago e Pepe Solla. Os xornalistas Luis García e Paula Montes conduciron o acto que clausurou o alcalde da cidade. “Países enteiros quererían ser Vigo”, afirmou Abel Caballero.
martes, 21 xan 2025
O alcalde recibiu este martes, no Salón de Plenos, a 50 escolares do CPR Miralba Jesuitinas que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello" co que reciben información do funcionamento da administración municipal. Abel Caballero explicoulles a incidencia do traballo que se desenvolve no Concello nun gran número de servizos que recibe a cidadanía, desde o abastecemento da auga á limpeza das rúas. Ao longo do presente curso escolar 2.500 estudantes participan na iniciativa formativa sobre o traballo municipal.
martes, 21 xan 2025
Abel Caballero cualificou este martes de “fóra de serie” o programa da próxima edición das “Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial”, programadas pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo do 10 ao 14 de febreiro. “Sucede en poucas cidades de España”, afirmou o alcalde despois de que a organización anunciara a participación de 70 conferenciantes internacionais, entre eles o cirurxián torácico Diego González Rivas, creador da Unidade de Cirurxía Torácica Minimamente Invasiva e da cirurxía videotoracoscópica Uniportal.
martes, 21 xan 2025
O alcalde avanzou este mércores a proposta turística que o goberno municipal leva este xoves á Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid: “ensinaremos a toda España o que é Vigo e o que somos”.
luns, 20 xan 2025
O alcalde presentou este luns a XXXI edición da Festa da Reconquista de Vigo que se prolongará desde o sábado 22 de marzo, coa representación da destitución do alcalde, ata o domingo 30 coa expulsión das tropas francesas. O Concello incrementa a achega nun 8 por cento, ata alcanzar os 135.000 euros.
luns, 20 xan 2025
O lavadoiro de Poboadores e a fonte da Barroca, retirados en decembro con motivo do inicio da urbanización do Barrio do Cura, volverán ao seu lugar orixinal ao acabar as obras. Así o anunciou hoxe o alcalde ao recalcar que Patrimonio do Concello aprobou o expediente para a mobilidade e almacenaxe temporal das dúas pezas catalogadas ata a su reposición no Casco Vello.
luns, 20 xan 2025
Abel Caballero defendeu a traxectoria profesional “absolutamente excepcional” de Lola Galovart, que será designada Valedora da Cidadanía no pleno deste mes de xaneiro. Na súa intervención, reclamou a BNG e PP que expliquen a súa negativa a este nomeamento porque “a cidade non a entende”.
venres, 17 xan 2025
O Instituto Feiral de Vigo acollerá do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro a XVII edición de Galiexpo Motor Show, que contará con 100 expositores e numerosas actividades. “Quero que toda a cidade suba ao IFEVI, e dicirlle a toda a cidade que merece a pena visitar a feira e gozar das exhibicións”, afirmou o alcalde.