40 nenas e nenos vigueses acompañarán aos Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro
O Concello avanza cos preparativos para recibir na cidade ás Súas Maxestades de Oriente na tarde do luns 5 de xaneiro. As nenas e nenos nacidos entre 2013 e 2017 poden participar na cabalgata como paxes reais.
O alcalde explicou este martes que un ano máis a cabalgata dos Reis Magos busca paxes para que acompañen a Melchor, Gaspar e Baltasar nas carrozas reais que percorrerán as rúas viguesas o vindeiro 5 de xaneiro.
Un ano máis, 40 nenas e nenos da cidade poderán ir nas carrozas. Deben ter nacido entre xaneiro de 2013 e decembro de 2017, ambos os dous incluídos e non poden participar o seleccionados anteriormente. Para inscribirse beben cubrir a solicitude de participación que estará dispoñible nos próximos días na web www.vigo.org e as prazas serán sorteadas o 16 de decembro no Auditorio Municipal.
O período de inscrición para participar empeza este xoves, 20 de novembro, e estenderase ata o 10 de decembro. As solicitudes depositaranse nas caixas de correo do Carteiro Real que se instalarán no Concello e nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.