Vigo acolle o acto central do Día da Policía Nacional
A cidade converteuse este xoves no epicentro da celebración do Día da Policía Nacional. O Corpo elixiu Vigo para conmemorar neste 2025 o seu patrón, o día dos Santos Anxos Custodios, cun acto presidido polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, no que participou o alcalde así como a secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo, e o director xeral da Policía Nacional, Francisco Pardo, entre outras autoridades. Durante o evento impuxéronse as condecoracións ao Mérito Policial, rendeuse homenaxe aos profesionais falecidos en acto de servizo e, finalmente, levouse a cabo unha formación dinámica de distintas unidades da Policía Nacional. O ministro entregoulle a Caballero a Cruz ao mérito policial con distintivo branco.






