O alumnado do CEIP Pintor Laxeiro achégase á Reconquista co programa "Aventura no Vigo Vello"

mércores, 26 mar 2025

O alcalde animou hoxe aos 52 alumnos do CEIP Pintor Laxeiro que participan nas visitas teatralizadas do programa didáctico "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025" a coñecer un dos episodios máis importantes da historia da cidade. Caballero destacou a xesta da cidadanía viguesa por ser pioneira na expulsión das tropas napoleónicas despois de que o emperador invadise toda Europa. Máis de 1.000 escolares de quinto e sexto de Primaria comparten co alcalde Vázquez Valera, o soldado francés Pierre da Pierre e a taberneira viguesa Xoana Rial un percorrido polos principais escenarios da Reconquista e a sesión educativa na Casa Galega da Cultura.

O alcalde alenta á Reconquistiña a alzarse coa victoria da cidade de Vigo

martes, 25 mar 2025

Caballero asistiu este martes á Reconquistiña, onde case 2.000 nenos e nenas de 37 colexios se reuniron na Porta do Sol vestidos de época para botar da cidade aos exércitos de Napoléon. O alcalde invitou á rapazada a "seguir velando pola cidade porque Vigo é a mellor urbe de mundo". Tamén convidou a celebrar a Reconquista, non só hoxe nas rúas e na escola, senón a gozar coa familia tamén durante a fin de semana. "Todas e todos a reconquistar unha vez máis a cidade de Vigo", clamou. O rexedor tamén felicitou ao profesorado, por facer posible a aprendizaxe e a formación arredor desta festa histórica.

O alumnado do CEP Igrexa Valadares achégase á historia co programa "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025'

venres, 21 mar 2025

O alcalde animou este venres aos 38 alumnos do CEP Igrexa Valadares que participan no programa didáctico ‘Aventura no Vigo Vello - Reconquista 2025’ a afondar no coñecemento da historia de Vigo a través do percorrido teatralizado polos puntos estratéxicos do barrio histórico e a asistencia á proxección na Casa Galega da Cultura do audiovisual que recrea a expulsión da cidade das forzas militares napoleónicas. Ata o día 11 de abril máis de 1.000 escolares de 20 centros participan na iniciativa docente do Concello de Vigo.