Escoitar

O Goberno de Vigo aproba 273 axudas de emerxencia por 83.975 euros nas primeiras semanas de xullo

O Concello aprobou ao longo deste mes de xullo 273 axudas de emerxencia por 83.975 euros. “Seguimos practicando política continua de atención social ás persoas que o necesitan”, recalcou este mércores o alcalde.

mércores, 23 xul 2025

Abel Caballero detallou hoxe que do total de apoios, 109 son para alimentación por 35.725 euros. Outras 79 foron para vivenda por 31.482 euros. Ademais, rexistráronse 21 perceptores das axudas para bonotaxi por 6.650 euros; así como 47 para subministracións por 2.078 euros.

Desde principios de ano o Concello aprobou 2.133 apoios de emerxencia, compatibles co resto da política social do Concello “que é a máis importante dun concello de España”, por valor de 638.387 euros.

Descargar todas as imaxes