luns, 15 dec 2003
A alcaldesa, Corina Porro, presentou as áreas de xestión goberno municipal e das concellerías de distrito. O Novo goberno estará conformado en seis áreas de xestión que asumen os concelleiros José Manuel Figueroa, Javier Guerra, Lucía Molares, Antonio Coello, Ignacio López Chaves e Jose Manuel Iglesias. O goberno tamén terá tres concellerías de distrito que ocuparán Marisol Polo, José Manuel Couto e Carlos Comesaña.
xoves, 11 dec 2003
O Alcalde de Vigo en funcións, Ventura Pérez Mariño, recibiu hoxe no Concello a un grupo de trinta alumnos de segundo da ESO das Escolas Nieto aos que lles mostrou a sala de Plenos e onde respostou ás preguntas que lle pediron os rapaces.
martes, 9 dec 2003
O alcalde en funcións de Vigo, Ventura Pérez Mariño, sumou hoxe a súa sinatura ao manifesto impulsado pola Organización Mundial da Saúde e polo grupo Imán de Autoapoio VIH/Sida e adiccións, a través da súa páxina web. Pérez Mariño destacou a importancia da prevención e coincidiu á hora de valorar como moi preocupantes algúns dos aspectos que resalta o manifesto, como son o concepto da sexualidade moi vencellado a prácticas machistas que seguen a ter algúns homes.
venres, 5 dec 2003
O Alcalde de Vigo en funcións, Ventura Pérez Mariño, compartiu unha sesión plenaria cos alumnos de sexto de primaria do colexio público Rosalía de Castro. Sentados nos lugares dos corporativos e da prensa, os rapaces escoitaron con atención as explicacións coas que Pérez Mariño defendeu a Constitución como máximo valor de concordia e tolerancia.
venres, 5 dec 2003
O Alcalde de Vigo en funcións, Ventura Pérez Mariño, destacou hoxe a importancia do traballo que desenvolven os voluntarios e agradeceulles a entrega coa que se prestan a colaborar sen máis compensacións que o sentirse útiles. Pérez Mariño fixo estas declaracións minutos antes de descubrir unha placa situada na lonxa do Concello que conmemora a entrega coa que case 11.000 persoas traballaron desinteresadamente para paliar os efectos do "Prestige".
xoves, 4 dec 2003
O Alcalde en funcións de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou hoxe as instalacións municipais dos bombeiros de Balaídos e Teis para transmitirlle aos efectivos a súa gratitude polo traballo desenvolvido por este corpo ao longo destes meses de mandato. Acompañado polo concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, Pérez Mariño explicoulle a estes traballadores do Concello de Vigo que neste tempo de Goberno sentiu en todo o momento o apoio do funcionariado. <br />
xoves, 4 dec 2003
O recoñecido humorista gráfico Fernando Quesada Porto será o encargado de ler o bando do día da Constitución que se celebrará no Pazo de Castrelos as doce da mañá do próximo sábado día 6. O acto, que este ano conmemora os 25 anos de vida da Carta Magna, contará coa presencia de representantes políticos e sociais significativos da cidade, así como coa Banda de Música de Valladares. Durante a presentación do acto, o Alcalde en funcións de Vigo, Ventura Pérez Mariño, destacou a relevancia desta conmemoración calificando a Constitución como o mellor monumento á concordia na sociedade e como o marco no que todos temos cabida.
martes, 2 dec 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou hoxe as instalacións do centro de Educación Especial Saladino Cortizo para interesarse polo traballo diario que desenvolven os noventa alumnos deste colexio. Pérez Mariño, que ademais de reunirse cos profesionais do centro e fixo un percorrido polas distintas aulas, asegurou que a sociedade debe concienciarse para prestarlle máis apoio á xente con maiores necesidades e explicou que centros como o Saladino Cortizo fan posible a integración de persoas con algún tipo de diminución e axuda.
luns, 1 dec 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, recibiu esta mañá o que foi presidente da República Arxentina ,Raul Alfonsín que se encontra estes días de visita particular en Galicia.
xoves, 27 nov 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, foi o encargado de pronunciar o discurso de apertura na conmemoración do 150 Aniversario do Faro de Vigo, un acto que contou coa presencia de Su Majestad Juan Carlos I, ademais de representantes sociais e políticos de toda Galicia e España.