luns, 13 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe, luns, a configuración do Goberno, que está deseñado en torno a dous eixos fundamentais: promoción económica e igualdade de xénero. Na que foi a primeira comparecencia pública desde o acto de investidura, Caballero explicou que funcionarán sendas comisións delegadas de Goberno en torno ás que se articulará a xestión municipal.
luns, 6 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero mantivo un encontro con representantes de Vulcano, CNP Freire, Metalships e Barreras para revisar a situación da construción naval e buscar o enfoque que "permita a continuidade dos estaleiros privados" da ría de Vigo. Caballero trasladoulles que constatou o "interese extraordinario, a enorme sensibilidade e de resposta" do Goberno central tras manter varias conversas a pasada semana.
luns, 6 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou neste luns que a aprobación permitirá asignar as bolsas de inglés a boa parte dos alumnos de centros concertados que quedaron fora da convocatoria. O investimento destas 150 novas bolsas ascende a 375.000 euros.
venres, 3 xuñ 2011
A Concellería de Medioambiente procedeu nesta mañá a apertura da pequena praia de A Calzoa, en Vigo, despois de que as analíticas constataran que os parámetros están dentro da normalidade.
venres, 3 xuñ 2011
A administración tamén lles facilitou wifi e un aula no centro cívico do Casco Vello
mércores, 1 xuñ 2011
O alcalde en funcións reuniuse na mañá deste martes con membros dos estaleiros máis representativos da ría de Vigo para valorar o marco europeo do tratamento fiscal que regula a construción naval. Tal e como lle transmitiron estas novas "condicións" poderían alterar as circunstancias nas que se desenvolve unha parte importante da actividade deste sector. Caballero xa avanzou que se porá en contacto co Ministro de Industria e que se establecerá un plan de actuación cos estaleiros vigueses
mércores, 1 xuñ 2011
A plataforma realizou esta petición ao Concello para levar a cabo cursos de inglés, en niveis de iniciación e perfeccionamento, durante este mes de xuño.
xoves, 26 mai 2011
Abel Caballero participou na mañá deste xoves no acto de inauguración dun salón que pretende reactivar a economía do sector e manter o interese entre afeccionados e público en xeral. Trala intervención do alcalde procedeuse á apertura do Salón Náutico e de Galigolf coa "botadura" simbólica da embarcación Riva, coñecida polo seu avanzado deseño.
mércores, 25 mai 2011
O alcalde deu lectura ao manifesto a favor das persoas que padecen esta enfermidade con motivo do Día Mundial da doenza. O acto tivo lugar nos locais da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple, encargada de organizar para esta xornada unha serie de actividades que culminarán cun concerto benéfico o vindeiro 9 de xuño.
O alcalde reuniuse na tarde de onte con representantes de centros concertados de Vigo
venres, 20 mai 2011
Os directores reciben con satisfacción a noticia de que xa está asinado o decreto de modificación orzamentaria para incluír as 150 novas bolsas, as que se destinará unha partida de 375.000 euros.<br />
As becas de inglés do programa "Pilivigo 2011" xa se ampliaran en 40 prazas para dar resposta a unha demanda que se desbordou, tras suprimir a Xunta os programas de Inmersión no estranxeiro para alumnos da ESO. A primeira ampliación de bolsas fíxose en función das previsións de 2010, ano no se que deu cobertura ao 50% da demanda dos colexios concertados.