martes, 19 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a empresa Matrigalsa, unha das tres primeiras factorías do mundo en produción de moldes de gran tamaño e alta tecnoloxía para a fabricación de pezas, con clientes principalmente no sector da automoción. Caballero eloxiou a "altísima calidade" da firma e comprometeuse a mediar co Ministerio de Industria para que continúe cos apoios.
luns, 18 abr 2011
O pasado sábado iniciouse a ruta Vigo-Londres subvencionada polo Concello de Vigo e o alcalde valorou hoxe positivamente o establecemento desta conexión para os negocios da cidade olívica e para o turismo. Das 180 prazas dispoñibles, a ruta a Londres ocupou 151 e a volta a Vigo outros 97 asentos. "Acertamos cando apostamos por este avión", asegurou Abel Caballero.
luns, 18 abr 2011
Abel Caballero entrevistouse este luns coa Asociación de Jóvenes Empresarios y Emprendedores de Galicia (AJEGA), con quen comprometeuse a estudar conxuntamente novas fórmulas de apoio ás pequenas e medianas empresas da cidade. Este respaldo, a formalizar nun convenio coa entidade, sumaríase ás rebaixas nas taxas de terrazas e de licenzas impulsadas polo goberno local, e eloxiadas por AJEGA.
venres, 15 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu homólogo canario, Jerónimo Saavedra, asinaron hoxe venres o acordo oficial de Irmandamento das dúas urbes, en presencia de representantes dos tres grupos políticos municipais. Vigo e As Palmas están vencelladas por lazos comerciais, sociais e culturais, ademais de polas relacións pesqueiras e a Casa de Galicia presente na urbe canaria. O Irmandamento afondará nas relacións entre as cidades e no seu coñecemento mutuo.
venres, 15 abr 2011
O alcalde visitou este venres a empresa Marsan Transformaciones Superficiales, compañía provedora da industria da automoción viguesa e galega cunha "enorme capacidade de I+D" e varias patentes internacionais. Caballero indicou que esta firma da cidade súmase á "enorme capacidade do territorio de xerar eficiencia, productividade e innovación" como vía para a saída da crise.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este venres á empresa Marsan Transformaciones Superficiales a "cooperación" municipal nos seus procesos industriais como "factor de apoio" á automoción viguesa e galega.
xoves, 14 abr 2011
Abel Caballero recibiu na mañá deste xoves a visita de cortesía da cónsul xeral en Galicia-España de Uruguay, Marta Echarte Baraibar, quen ocupa o cargo desde o pasado ano 2010. Durante o periodo 2002-2007, Marta Echarte ostentou o mesmo posto diplomático en Madrid.
xoves, 14 abr 2011
O alcalde visitou na mañá deste xoves os traballos que se están a desenvolver na rúa, nos que se tamén inclúen tamén a zona de confluencia con Genaro de la Fuente, e na que o goberno local investirá 2 millóns de euros. O rexedor socialista avanzou que a humanización estará rematada "en semanas" e que conformará, xunto as remodeladas Genaro de la Fuente e Travesía de Vigo, un novo ámbito de referencia na cidade
xoves, 14 abr 2011
Abel Caballero anunciou hoxe xoves que o convenio para a xestión do centro de inclusión social que irá emprazado no Berbés será asinado de "inmediato" a sinalou que "estamos a facer a adaptación técnica porque imos engadir o baixo ao albergue". O baixo do edificio estaba ocupado por unha oficina de Caixanova que vai deixar, e o Concello integrará este andar no proxecto, culminando nun albergue de cinco alturas.
mércores, 13 abr 2011
O partido disputarase o próximo venres ás 20:45 horas no Pavillón das Travesas, con entradas a 3 euros, un encontro clave nas opcións dos celestes de acceder aos cuartos de final da Liga Nacional de Fútbol Indoor 2011. O alcalde e xogadores como Gudelj ou Ratkovic solicitaron o respaldo dos afeccionados nesta "importante" cita para o futuro do equipo na competición.
mércores, 13 abr 2011
Abel Caballero recordou que o goberno municipal está a levar adiante un "asfaltado masivo" de rúas por todo Vigo para o que está a investir tres millóns de euros. Este proceso, o "máis importante" feito nunca na cidade, iniciouse o pasado 24 de febreiro e o alcalde adiantou que prologarase dous meses ata a finalización das máis de 100 actuacións proxectadas. O obxectivo municipal é deixar a rede viaria viguesa "nas mellores condicións posibles".