xoves, 22 xan 2015
O rexedor mantivo na tarde de onte mércores unha reunión con oito médicos dos servizos de análise do Xeral e do Meixoeiro, que insistiron na "gravidade" de carecer dun laboratorio central no futuro hospital de Beade, tras decidir a Xunta de Galicia integralo no Meixoeiro. Abel Caballero avoga polo "sentido común" para que o laboratorio central estea "ao lado dos enfermos" e non "a 5 quilómetros".
xoves, 22 xan 2015
Abel Cabellero amosou esta mañá a súa satisfacción pola senda de recuperación que está a experimentar o aeroporto de Vigo, que nestes momentos xa ten cubertas as conexións internacionais máis importantes con enlaces a Madrid, Barcelona, París e Londres, liñas ás que se suman todas as rutas transversais peninsulares. Así o explicou logo de asistir á presentación que Air Nostrum ofreceu ás axencias de viaxe dos vóos que opera a compañía desde Peinador.
luns, 19 xan 2015
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro co novo subdelegado de Defensa, o coronel Ángel de Miguel Campos na que lle deu a benvida no nome de toda a cidade. O rexedor transmitiulle, asimesmo, o seu desexo de manter "as mellores relacións institucionais".
luns, 19 xan 2015
O rexedor entregoulle unha bandeira de Vigo a un grupo de profesionais do CSIC que parten para a Antártida para realizar unha campaña de investigación. Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo deste simbólico acto é que estes vigueses poidan izar a bandeira local no seu destiño.
xoves, 15 xan 2015
O alcalde informou este xoves do escrito remitido polo Ministerio rexeitando trasladar ao Concello a titularidade da Avenida de Madrid e os fondos que corresponden, segundo a propia normativa de Fomento. Caballero avanzou que remitirá ao departamento que dirixe Ana Pastor unha proposta para que reforme o principal acceso á cidade de Vigo.
xoves, 15 xan 2015
O alcalde mantivo este xoves unha reunión con auxiliares de clínica de enfermería, que ven con "gran preocupación", segundo trasladou posteriormente Caballero, que o SERGAS convoque 62 prazas para toda Galicia cando, so na área de Vigo, traballan como interinas unhas 200 profesionais.
martes, 13 xan 2015
Abel Caballero mantivo este martes unha entrevista con Alfonso Álvarez Gándara, hoxe decano en funcións do Colexio de Avogados de Vigo, un "recoñecemento" da cidade ao seu traballo e "bo facer" na entidade, sempre en defensa do colectivo profesional e "do interese da cidade" de Vigo, salientou o rexedor.
martes, 13 xan 2015
O alcalde recibiu este martes aos organizadores de ViKul 2015, a terceira edición do Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, e lles trasladou o respaldo do goberno municipal á súa celebración, prevista para o mes de xullo, previsiblemente no Verbum, en Samil. A cita pasará dos catro dias habituais a sete, segundo avanzou Caballero.
venres, 9 xan 2015
O Concello sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias, gardando 3 minutos de silencio nun acto no que a corporación municipal, acompañada de traballadores do concello e cidadáns, amosou a súa repulsa polos actos terroristas contra os profesionais do semanario Chralie Hebdo. Ao término, o rexedor reiterou o compromiso do goberno local e de toda a cidade de Vigo coa liberdade de expresión como dereito fundamental.<br />
luns, 5 xan 2015
As 1.200 persoas que formarán parte da comitiva dos Reis Magos xa están preparadas para iniciar o desfile ás 18,00 h desde o nó de Isaac Peral. Antes, ás 17,00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a chave "máxica" da cidade de mans do alcalde na Porta do Sol.