O alcalde de Vigo recibiu ao seu homólogo da localidade serbia de Veliko Gradîste
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro protocolario con Dragan Milié, alcalde da localidade serbia de Veliko Gradîste. O rexedor de Vigo deulle á benvida á cidade ao seu homólogo nunha reunión na que ambos mandatarios intercambiaron impresións sobre os seus respectivos territorios.