Escoitar

O Concello achega 606.039 euros a Foanpas para bolsas de comedor e actividades extraescolares

O goberno local renovou esta mañá o compromiso que mantén co funcionamento da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (Foanpas). O convenio, que ascende a 606.032 euros, permitirá subvencionar bolsas de comedor e actividades extraescolares.

luns, 15 mai 2017
1494849944foanpas.JPG
Abel Caballero asinou hoxe luns un convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo por importe de 606.039 euros. A través deste acordo, o Concello financia bolsas de comedor cunha contía á que hai que sumar outros 1,2 millóns procedentes dunha partida adicional. Tamén se financian actividades extraescolares e formativas en todos os centros da cidade. En declaracións aos medios, o alcalde destacou a "fluída" relación que o goberno local mantén con Foanpas e destacou a "o bo" papel que desenvolve este colectivo na comunidade educativa.
Descargar todas as imaxes