Escoitar

O goberno local investirá 260.000 euros na reforma do pavillón Monte da Mina-Castrelos

O alcalde de Vigo deu conta da licitación das obras de reforma do pavillón Monte da Mina-Castrelos que arrancarán no próximo mes de xullo. As obras, que requiren actuar sobre os cimentos das instalacións por deslizamentos do terreo, ascenderán a 260.000 euros.

venres, 12 mai 2017
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao expediente de contratación das obras de reforma da estrutura e do pavimento do pavillón Monte da Mina-Castrelos. Segundo detallou o rexedor, trátase dunha obra de envergadura pola situación de inestabilidade do terreo no que está situada a instalación deportiva, con deslizamentos xeolóxicos. O importe de licitación é de 259.182 euros e a previsión é que as obras arranquen no mes de xullo.

Nesta mañá de venres tamén se deu luz verde a un proxecto de convenio de colaboración coa Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá. A subvención, de 20.000 euros, está integrada na partida de 532.000 euros que o Concello adica ao deporte de elite.

Por último, o goberno local autorizou ao Concello de Redondela para a ocupación do subsolo por obras de execución de acometidas nas redes de saneamento en Camiño Mouriño, Paparoxo e subida Rabexa en Chapela-Redondela.