Escoitar

A versión teatral de Dirty Dancing chega ao Auditorio Mar de Vigo no mes de xuño

Xa están á venda as entradas para gozar da adaptación teatral de Dirty Dancing, que se representará no Auditorio Mar de Vigo entre os próximos 14 e 18 de xuño. Esta versión da mítica película dos anos 80 estreouse en Australia e, logo de cosechar éxitos en todo o mundo, chega a Vigo despois de triunfar tamén en Madrid ou Barcelona.

xoves, 11 mai 2017
1494507129dirtydancing.JPG
O Auditorio Mar de Vigo acollerá entre o 14 e o 18 de xuño a representación da versión teatral de Dirty Dancing, nun espectáculo dirixido por Federico Bellone e producido por Lets Go Company. Este musical leva aos escenarios ao gran clásico do cine dos anos 80, "unha película mítica", segundo explicou na presentación o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, quen augurou un "gran éxito a esta representación porque esperta sensacións, lembranzas a un público de idade moi transversal". Na rolda de prensa tamén estiveron presentes os protagonistas do musical Amanda Digón e Christian Sánchez que interpretan a Baby e Johnny Castle, así como a coordinadora xeral da produtora, Itxaso Barrios.

Coincidindo co trinta aniversario do estreo da película, o espectáculo transporta ao teatro as emocións que provocaron Jennifer Grey y e Patrick Swayze nas salas de cine en 1987. Ademais da incrible historia que atrapa ao espectador superando o paso do tempo, a música é sen lugar a dúbidas unha das súas protagonistas, xa que se volve cómplice das personaxes e crea unha provocadora atmósfera que cada noite fai vibrar ao público.

O musical, que conta a historia de amor entre una moza e un profesor de baile dun luxoso, triunfou xa no Teatro Royal de Sydney, Australia, onde se estreou. Desde entón, xirou por Estados Unidos, Nueva Zelanda y Europa, onde se batiron récords de taquilla.

A propia guionista da película (galardoada en 1987 co Óscar á mellor canción orixinal por (I’ had The time of my life), Eleanor Bergstein, é a responsable da adaptación aos escenarios, nunha produción que mantén a esencia orixinal do filme.

Despois de Madrid, Barcelona e Logroño, Dirty Dancing chega a Vigo o mes que vén e as entradas xa están a venda en www.dirty-dancing.es, www.ticketea.com e https://entradas.ataquilla.com.
Descargar todas as imaxes