Escoitar

O alcalde valora a "importantísima" suba de de pasaxeiros no aeroporto en abril, dun 21%

A terminal viguesa acumula no que vai de ano un incremento dun 5% no número de pasaxeiros o que, en opinión de Abel Caballero, demostra que é "excepcional". Este verán suma conexións con Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza, tras a adxudicación a Air Nostrum do contrato de promoción turística.

venres, 12 mai 2017
1494595378mapa.JPG
O aeroporto de Vigo experimentou o pasado mes de abril un incremento do 21,2% no número de pasaxeiros, subindo tamén o número de operacións realizadas e de mercancías. No acumulado anual de 2017, entre os meses de xaneiro e abril, a suba é dun 5%.

Para o rexedor, os datos demostran que se trata dun "aeroporto excepcional" e anunciou que enviará unha carta ao Ministro de Fomento para solicitarlle que, cada vez que se programen voos nocturnos, estea operativo o sistema na terminal viguesa, tal e como aconteceu estes días coas viaxes a Manchester porque "queremos que o aeroporto estea operativo".

"Vigo conexión ao mundo"
O alcalde deu conta tamén da posta en marcha da campaña "Vigo conexión ao mundo" coa que o Concello promove o mapa de rutas que conectan a terminal olívica co resto do mundo e que poderán verse na cidade. Nestes momentos, o aeroporto ofrece 20 destinos nacionais e internacionais.

Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a contratación do servizo de promoción turística de Vigo e as Rías Baixas para o período 2017-2019 que foi adxudicada a Air Nostrum por un importe de 736.000 euros con voos desde Vigo a Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza polo que se iniciarán "de forma inmediata".
Descargar todas as imaxes