O goberno de Vigo adica 27.000 euros á promoción do deporte feminino
A Xunta de Goberno Local aprobará mañá xoves as bases e a convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas que potencien e fomenten a participación de nenas e mulleres no deporte. Abel Caballero explicou que o Concello adica 1,2 millóns á área de Igualdade.
O goberno de Vigo aprobará mañá xoves as bases e a convocatoria dunha liña de 27.000 euros de subvencións, por concorrencia competitiva, para a promoción do deporte feminino.
Caballero explicou que con esta partida, a maiores das achegas que outorga o Concello para clubs deportivos con independencia do xénero, se procura promover o deporte feminino a través do apoio ás entidades viguesas que fomentan a participación das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas. Poderán optar clubs deportivos, asociacións, agrupacións e entidades deportistas viguesas.
O alcalde de Vigo subliñou que esta convocatoria forma parte dos 1,2 millóns de euros que o Concello adica á área de Igualdade.
Colexios
O goberno vigués tamén adxudicará mañá xoves o subministro de material para acometer obras en colexios, a cargo do persoal do programa municipal "Vigo Emprega", por importe de 137.000 euros.
Explicou Caballero que xa comezaron as obras nos colexios Santa Tegra, Frián-Teis, García Barbón e Eduardo Pondal, mentres que, cando rematen as clases, arrancarán outras melloras nos colexios Fleming, Sello, Canicouva, Emilia Pardo Bazán, Igrexa-Valadares, Santa Marina, Balaídos, Carballal, Carrasqueira e Vicente Risco.
Tamén en materia educativa, ademais dos investimentos na cubrición de patios de colexios, o goberno de Vigo adica outros 490.000 euros para obras de mantemento. O total de obras do Concello en colexios, sen ser competencia municipal, tal e como recordou Abel Caballero, ascende a 1,2 millóns de euros.
Reparacións
Por último, o rexedor vigués avanzou a aprobación mañá da contratación do subministro de formigóns, morteiros, áridos e materiais de construcción. O orzamento ascende a 1,1 millóns de euros para materiais que empregará o persoal municipal do Concello para obras de reparación e mantemento.