O alcalde compromete o "apoio" do Concello á feira Mindtech

venres, 9 ago 2019

Abel Caballero participou este venres na sinatura dun convenio entre a Zona Franca e Asime para a promoción das edicións de 2019 e 2021 desta nova feira, que acollerá Vigo e na que estarán presentes as empresas líderes do sector industrial, metalúrxico, metalmecánico e das tecnoloxías asociadas, de dentro e fóra de España.

O rexedor ofrece o apoio do Concello ao novo xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra

mércores, 7 ago 2019

Abel Caballero mantivo un encontro este mércores co coronel Simón Venzal, novo xefe da comandancia da Garda Civil de Pontevedra, que vén de tomar posesión do seu novo cargo. O rexedor transmitiulle o seu apoio na nova responsabilidade que asume e trasladoulle a "satisfacción polo labor da Garda Civil que atende moi ben a parte rural da cidade", salientando tamén o traballo que desempeñan ao estar Vigo cerca da fronteira con Portugal.

O alcalde avanza o "reforzo" da Festa do Marisco de Vigo que se celebra do 5 ao 8 de setembro

martes, 6 ago 2019

Abel Caballero mantivo un encontro este martes coa organización de VIGOMAR, Festa do marisco de Vigo na que acordaron o "reforzo" do evento "tanto na forma como na divulgación" dotándoo, por exemplo, dunha dunha compoñente cultural dado que, en palabras do rexedor, "somos unha grande cidade turística e os eventos turístico-gastronómicos son un cheo total". Así, convidou á cidadanía viguesa e de toda España a vir degustar "o mellor marisco do mundo", entre o 5 e o 8 de setembro.

O rexedor convida á cidadanía a celebrar o Día de Galicia en Castrelos

luns, 29 xul 2019

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa lerá o bando do Día de Galicia en Vigo, nun acto que o Concello organiza mañá martes ás 21 horas nos xardíns do Pazo de Castrelos con entrada libre para tódalas persoas que queiran sumarse. "Rompemos a tradición antiga e entra todo aquel que queira", apuntou Abel Caballero, que reiterou o seu convite "a toda a cidade" a participar desta celebración que contará tamén cunha actuación musical.