Escoitar

Vigo tramitará as denuncias por non usar máscaras tras o ditame do Consello Consultivo de Galicia

Abel Caballero confirmou este venres que o Concello de Vigo tramitará as denuncias impostas pola Policía Local de Vigo desde o mes de marzo por non usar máscara. O alcalde amosou a intención do seu goberno local de acatar o ditame do Consello Consultivo e colaborar coa Xunta.

venres, 16 out 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres en rolda de prensa que o Concello tramitará as denuncias impostas pola Policía Local entre os meses de marzo e outubro a cidadáns que non respectaban a normativa pola crise sanitaria do Covid-19 e non utilizaban as máscaras.

“Imos a tramitar as denuncias, non imos a deixar de apoiar as normas que emanan da Xunta e a recadación será para a administración autonómica, creemos que é importante actuar cooperando coa Xunta e que é moi importante que non haxa impunidade”, asegurou o rexedor durante a conferencia de prensa.

Abel Caballero sinalou así que acataba o ditame do Consello Consultivo, pedido unhas horas antes pola Xunta, no que indican que son os concellos os que deben tramitar as denuncias e que contradí o informe da Avogacía do Estado. Ademais, o alcalde aclarou que os asesores xurídicos do Concello consideran máis rigoroso o informe da Avogacía do Estado, que considera que os municipios non están habilitados.

“Hai un bo cumprimento das normas por parte da cidadanía viguesa, a cidade está comportándose ben, pero hai unha pequena parte que non cumpre, son uns centos de sancións, polo que é preciso que se impoñan as multas”, sinalou.

"Non pode ser que a Xunta oculte información”

En calquera caso, Caballero insistiu de novo en que a Xunta segue sen informar das cifras de contaxios por coronavirus na cidade. “O dato do día 14 apunta que temos 161 positivos nunha semana e non pode ser que a Xunta oculte información porque resulta que con esas cifras onte Vigo estaba en alerta amarela e aparecía como laranxa”, sinalou.

O alcalde de Vigo desvelou que puido acceder aos datos por municipios que a Xunta se nega a publicar e que segundo o criterio da estatística pertencente á cidade olívica o pasado mércores, a cidade debería aparecer en nivel 1 (amarelo) e Sanidade indicaba que estaba en nivel 2 (laranxa), é dicir, entre 166 e 332 casos.

O o rexedor vigués engadiu que "non pode ser que a Xunta oculte información”. Tras varias emanas pedindo os datos a escala local e por barrios para tomar decisións en consecuencia, esta mesma semana envioulle unha carta oficial ao presidente da Xunta para solicitar esa información.

Descargar todas as imaxes