Escoitar

Caballero aproba a petición dun ditame ao Consello Consultivo sobre a tramitación das sancións por non usar máscara

O alcalde de Vigo valorou este xoves a decisión da Xunta de Galicia de solicitar un informe ao Consello Consultivo para aclarar cal é a administración que debe tramitar as denuncias por non usar máscara. Caballero insistiu en reclamar ao Goberno galego os datos sobre a pandemia na cidade.

xoves, 15 out 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saudou este xoves a decisión da Xunta de Galicia de recorrer ao Consello Consultivo para que emita un ditame sobre a cobertura legal necesaria para tramitar as denuncias impostas durante a pandemia por non usar máscara. “A Xunta fixo público que pide un informe ao Consello Consultivo, necesitamos aval xurídico e seguro que contribuirá a aclarar a situación, o que queremos é cooperar para poder protexer a vida da xente”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Segundo explicou Caballero, desde o inicio da pandemia do Covid-19 e ata o venres pasado a Policía Local impuxo 460 denuncias a persoas por non utilizar a máscara, pero insistiu en que necesita seguridade xurídica para tramitar as sancións sen que sexan posteriormente revocadas nun contencioso-administrativo.

“Non discuto as decisións da Xunta, que é a autoridade sanitaria, pero si que pido maior transparencia para cooperar como xa fixemos desde o inicio da pandemia e falta información, a Xunta nega a máis importante cuestión, a información”, asegurou.

Referíase así o alcalde a que non dispón dos datos de contaxios nos últimos catro días na cidade. “Non ten o máis mínimo coñecemento da evolución da pandemia”, sinalou. Ademais, o alcalde apuntou que a Policía Local reforzou as labores de vixilancia sobre o cumprimento das normas e que nas últimas horas interviu en varias vivendas. , chamaron e xente abandonaron domicilios.