venres, 12 dec 2014
O alcalde participou este venres na inauguración da xornada técnica sobre Prevención de Riscos Laborais no sector pesqueiro, organizada por ARVI dentro dos actos do seu 50 aniversario. Caballero indicou que o Concello seguirá do lado da pesca para conseguir a "máxima seguridade no traballo" nesta actividade "da maior importancia", que xera "valor engadido e emprego".
xoves, 4 dec 2014
Nunha reunión na Alcaldía, a Confraría do Santísimo Cristo da Victoria agradeceu ao alcalde de Vigo o apoio municipal na celebración do pasado mes de agosto e acordaron "darlle todo o impulsa que necesita" un evento "tan importante" de cara á edición de 2015, segundo explicou Abel Caballero.
xoves, 4 dec 2014
O alcalde e os responsables da entidade mantiveron unha reunión este xoves para comezar a planificación dos actos de celebración do centenario da apertura da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada en Vigo, inaugurada en 1916 e aberta ao público no 2008 polo goberno local.
mércores, 3 dec 2014
Abel Caballero anunciou este mércores unha "fortísima protesta" ante o "escándalo" que supón que o Goberno de España elimine a subxerencia do Catastro de Vigo e centralice o servizo en Pontevedra. O rexedor denunciou a "arbitrariedade" da decisión e recordou que a propia Dirección Xeral do Catastro situou hai cinco anos á sede de Vigo entre as cinco primeiras de España en cumprimento de obxectivos.
venres, 28 nov 2014
O Goberno da cidade de Vigo quere mostrar a súa dor polo pasamento da axente da Policía Nacional, falecida hoxe nesta cidade. Este goberno quere enviar o seu pésame a súa familia e a todo o Corpo da Policía Nacional de España.<br />
<br />
O alcalde decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media asta, así como a suspensión do encendido das luces e o inicio das Festas de Nadal para o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 19:00 horas na Porta do Sol.
venres, 28 nov 2014
Abel Caballero manifestou hoxe venres a súa preocupación porque, coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostenibilidade das Administración Local, os concellos perderán as súas competencias en materia social a partir de 2016. Así o dixo durante unha reunión preparatoria dun encontro luso-galaico sobre drogadiccións que se vai celebrar en Vigo o próximo mes de febreiro.
xoves, 27 nov 2014
O alcalde "recoñeceu" a presencia activa na cidade do subdelegado de Defensa en Pontevedra, Lorenzo Sánchez Enjamio. Así llo transmitiu Caballero durante unha visita que serviu de despedida oficial do coronel e que tivo lugar esta mañá na Alcaldía, tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa.
xoves, 27 nov 2014
O alcalde de Vigo traladou hoxe o seu apoio aos 45 traballadores do servizo de mantemento do Meixoeiro que permanecen en folga en defensa dos seus postos de traballo. Así o explicou o rexedor en rolda de prensa, unha vez que mantivo un encontro con representantes do comité de empresa.
xoves, 27 nov 2014
Durante a apertura da Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca, organizada polo 50º aniversario de ARVI, o alcalde esixiu á Xunta de Galicia, ao Goberno de España e á Unión Europea que prioricen o sector pesqueiro por ser unha actividade sostible, creadora de emprego e de valor engadido.
xoves, 27 nov 2014
O alcalde e o presidente da CEG destacaron esta mañá a importancia de que Citroën poida asegurarse a nova liña de fabricación, así como de que o naval empece a recuperarse, aínda que faga con dificultades. Así o constataron esta mañá durante unha reunión que mantiveron na Alcaldía para "revisar" a situación económica da cidade.