martes, 17 set 2019
Abel Caballero foi recibido este martes polo alcalde de Valladolid, Óscar Puente, no edificio consistorial, onde o rexedor vigués firmou no Libro de Honra. Caballero visitou de forma oficial a capital de Castela e León e presentou ao seu homólogo nunha conferencia ofrecida nun medio de comunicación.<br />
martes, 17 set 2019
A concentración tivo lugar ás portas do Concello de Vigo, na Praza do Rei, en repulsa polo triplo asasinato machista recentemente perpetrado en Valga e en solidariedade coas vítimas, familiares e amigos. Goberno de Vigo, delegado de Zona Franca e concelleiros e concelleiras da Corporación participaron no acto, no que se gardaron tres minutos de silencio.
xoves, 12 set 2019
O alcalde de Vigo presidiu este xoves por videoconferencia a xunta de voceiros da Federación Española de Municipios e Provincias de preparación da asemblea xeral da FEMP do día 21. Pedro Sánchez anunciou que Caballero optará a outros catro anos seguidos como presidente, algo que só ten o precedente de Rita Barberá.
mércores, 11 set 2019
O alcalde reiterou este mércores que a atención do Instituto Social das Forzas Armadas continuará prestándose en Vigo, como garantiu hai meses e hoxe "o manteño". Trasladou aos usuarios que "estean tranquilos" ante un "intento de polémica" promovido este días e asegurou que "mentres eu sexa alcalde, o Isfas vai seguir en Vigo".
luns, 9 set 2019
O alcalde destacou esta mañá a importancia de que Vigo siga a liderar a todos os concellos de España desde a FEMP porque demostra que as políticas desenvolvidas nesta cidade son un "modelo de éxito". Agradeceu a confianza do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, para ser presidente da federación os próximos catro anos.
venres, 6 set 2019
Abel Caballero mantivo un encontro este venres co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, tamén alcalde de As Pontes, no que trataron cuestións relacionadas co financiamento tanto dos concellos como das deputacións, coa vista posta nas perspectivas económicas e coa intención de seguir mantendo o contacto no futuro sobre o financiamento dos Concellos.
venres, 6 set 2019
O alcalde e o director da Axencia Europea de Control de Pesca en Vigo, Pascal Savouret, acordaron hoxe nunha reunión solicitar a celebración da data para que a cidade asuma o protagonismo en toda Europa dunha xornada dedicada a estudar, vivir e coñecer o mar. Así, o rexedor avanzou que enviará a petición por carta aos ministerios de Exteriores e de Pesca para que Vigo sexa a sede do Día Marítimo Europeo.
martes, 27 ago 2019
Abel Caballero informou este martes de que, a 25 de agosto, a cidade contaba cun total de 299.040 persoas censadas, case 1.000 máis que o pasado mes de xaneiro, polo que Vigo está a un paso de acadar a histórica cifra de 300.000 habitantes.
mércores, 21 ago 2019
Pablo Hermoso, de vacacións en Vigo, acudiu este mércores ao Concello para manter un encontro co alcalde vigués. En declaracións previas á cita, Caballero asegurou que é "un pracer" saudar ao novo rexedor da capital rioxana e felicitalo pola súa elección logo das municipais de maio.
venres, 9 ago 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres na Alcaldía a José Luis Quintana, o seu homólogo de Don Benito, municipio estremeño da provincia de Badaxoz. Na entrevista participou tamén a tenente de alcalde e concelleira de Empresa, Economía, Seguridade e Organización Municipal, Elena Espinosa.