Escoitar

Caballero anuncia máis vixilancia policial e pide colaboración cidadá para frear a pandemia

O alcalde de Vigo solicitou este martes á cidadanía que colabore extremando as medidas de seguridade e hixiene para frear a pandemia do Covid-19. O rexedor anunciou que reforzará a vixilancia policial pola entrada da cidade en nivel de alerta laranxa, pero afirmou tamén que existe un alto grado de cumprimento por parte da poboación.

martes, 13 out 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que con motivo da entrada da cidade no nivel 2 de alerta laranxa pola crise sanitaria do Covid-19 ordenará reforzar a vixilancia policial. “O comportamento cidadá cada vez é mellor, así o informa a propia Policía, e imos a intensificar a vixilancia porque isto vai moi en serio”, sinalou o rexedor.

Distancia social, máscaras de protección e hixiene de máns, ademais de moita “prudencia e cautela”. Esta son as recomendacións lanzadas polo alcalde aos cidadáns ante a entrada da cidade en alerta laranxa. O rexedor apuntou na súa conferencia de prensa telemática que e necesario seguir mantendo a distancia social.

“Fago unha recomendación a todos os cidadáns, precaución e cautela, deben manter sempre posta a máscara, tamén nos locais de hostalería cando non se consume; é necesaria a distancia social e a hixiene de mans, así como a ventilación de lugares pechados, sabemos que é un arma eficaz”, sinalou.

O alcalde asegurou en que as reunións familiares e de amigos teñen un “altísimo risco” de contaxio e apuntou que cada vez o comportamento colectivo é mellor, con practicamente ningún botellón nas rúas e con vixilancia permanente.

Información da Xunta de Galicia

Ademais, Caballero insistiu de novo en que é “imprescindible” contar con información por municipios, especialmente na actual situación de incremento de casos, para actuar contra o Covid-19 dunha forma “moito máis eficiente”, por exemplo, na desinfección ou na atención de Policía Local e Protección Civil. En cambio, lamentou o rexedor, o Concello de Vigo carece de información oficial da Xunta de Galicia, nin sequera a correspondente á area sanitaria viguesa, o que definiu como “opacidade” por parte do goberno autonómico.

“Toda a miña colaboración coas autoridades sanitarias, non vou a discutir as decisións, pero necesitamos todos os datos porque isto trátase de salvar vidas e de protexer á xente, son o alcalde da maior cidade de Galicia e teño que tomar decisións, polo que esixo datos numéricos todos os días”, dixo.

Descargar todas as imaxes