mércores, 14 mar 2018
En Madrid, o alcalde e presidente da FEMP asegurou este mércores no Fórum Europa que "a nova política chámase política municipal", puxo en valor á administración local como interlocutora de cidadáns e axentes económicos e defendeu aos pequenos municipios contra o despoboamento dos territorios
xoves, 8 mar 2018
O alcalde de Vigo destacou este xoves a masiva participación das traballadoras do Concello nos paros e na folga programada polo Día internacional das Mulleres no 8 de Marzo. "Empeza unha nova forma de entender a igualdade e quero felicitar ás mulleres e chamar á concentración tamén aos homes", sinalou.
venres, 2 mar 2018
Caballero explicou que a auga de Vigo "é apta para o consumo" e de "óptima calidade" en base aos resultados dos análises realizados pola Xunta durante o último mes de 2017 e o primeiro de 2018. Segundo o rexedor, son máis analíticas que as feitas no resto das cidades galegas.
xoves, 1 mar 2018
Air Nostrum enlazará este verán, xa sen axudas municipais, o aeroporto vigués con Las Palmas e Menorca. Caballero valorou a boa nova e sinalou que é o exemplo de que a decisión do Concello de subvencionar rutas aéreas é acertada. "Xa o conseguimos, xa funcionan sen apoio", sinalou.
martes, 27 feb 2018
A FEMP dá unha resposta unánime ás propostas comprometidas polo Goberno. Case 300 alcaldes reunidos na sede da Federación dan o seu respaldo absoluto á elaboración en 15 ó 20 días dun decreto lei que permita o uso do superávit. Trátase do primeiro encontro destas características organizado pola Federación
luns, 26 feb 2018
O alcalde e presidente da FEMP reúnese na tarde deste luns co ministro de Facenda, cita na que reclamará a Cristóbal Montoro que as cidades poidan reinvestir o superávit sen limitacións, retomar a negociación sobre un novo teito de gasto, abordar o modelo de financiamento local en paralelo ao autonómico e que se permita a reposición de efectivos.<br />
venres, 23 feb 2018
Alcalde de Vigo e alcaldesa de Madrid mantiveron este venres unha reunión, na primeira ocasión en que un rexedor da capital visita oficialmente o Concello de Vigo. Caballero e Carmena amosaron o seu acordo en esixir ao Ministerio de Facenda que permita ás cidades reinvestir o seu aforro sen limitacións.
mércores, 21 feb 2018
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP confirmou que en todo caso mantense a convocatoria do martes 27 realizada a responsables de Gobernos Locais, cume "na que informarei do tratado con Montoro, valoraremos esa reunión, debateremos e adoptaremos as medidas que correspondan".
martes, 20 feb 2018
O alcalde de Vigo e o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro manterán un encontro para abordar, entre outras cuestións, a reinversión do superávit dos concellos. Para falar desta mesma cuestión e da financiación das corporacións locais, o presidente da FEMP manterá o día 27 en Madrid un encontro con máis de 300 alcaldes e alcaldesas de toda España.
venres, 16 feb 2018
Logo de recibir aos representantes do Colexio de enxeñeiros navais e oceánicos, o alcalde de Vigo explicou que no encontro "constataron a boa marcha do sector, que empeza a recuperar o seu espazo". Outra das conclusións que compartiron foi a falta de profesionais cualificados nalgúns ámbitos do sector, unha situación consecuencia, segundo Caballero, do descoido da Xunta na formación de traballadores nos últimos catro anos.