A app de Vigo súmase ao Nadal

martes, 23 nov 2021

Abel Caballero animou a todos os cidadáns a actualizar a aplicación para facer un seguimento do Nadal da cidade. É válida para dispositivos Android e iOS.

“Todo Vigo” acende este sábado o seu Nadal

venres, 19 nov 2021

Desde a árbore de Policarpo Sanz o alcalde dará inicio ao “fenómeno extraordinario do acendido das luces de Nadal de Vigo”, nun acto previsto ás 20:30 horas. Desde ese momento, a iluminación de toda a cidade irá activándose pouco a pouco.

A praza de Vía Norte, aberta xa á cidadanía viguesa

mércores, 17 nov 2021

O alcalde asistiu este mércores á apertura deste praza "excepcional; non coñezo outra deste tamaño en toda Europa", que conta con 30.000 metros cadrados abertos a toda a cidadanía na parte superior da estación de Vialia, en Vía Norte. Salientou Caballero que ocupa o espazo de catro campos de fútbol e que vén conformar un novo espazo para "uso e goce de toda a cidade". Con todo, queda pendente de rematar a reposición dalgunhas das lousas do solo que sufriron danos durante a acometida das obras.