Escoitar

O alcalde, satisfeito, polo compromiso do Goberno de España coa moi alta tensión para Vigo

Abel Caballero manifestou que "é unha gran noticia para a cidade e que Vigo segue avanzando". O alcalde defendeu este luns no Círculo de Empresarios que Vigo tería a subestación coa moi alta tensión e así o confirmou este martes a vicepresidenta terceira e ministra para la Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, tras o Consello de Ministros. Caballero xa solicitara en 2015 esta cuestión, de gran importancia para o tecido industrial da cidade, ao Goberno de Mariano Rajoy, que fixo caso omiso. Precisamente, hoxe en rolda de prensa, o rexedor criticou o silencio de Rueda e Feijóo nese momento.

martes, 24 xan 2023

O alcalde agradeceu á vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, o compromiso que fixo público esta mañá de traer a moi alta tensión eléctrica á cidade de Vigo. Ribera confirmou que financiará con fondos europeos esta nova rede de transporte eléctrico así como a subestación en Vigo. “Esta é unha gran noticia para a cidade, é da maior importancia e quero recoñecer ao Goberno de España que cumpriran coa cidade. Caballero explicou que esta decisión vén ligada á acción en Stellantis, ao PERTE da automoción, ao automóbil eléctrico e conectado. Na súa opinión, o Executivo Central está no apoio absoluto á automoción da cidade de Vigo.

En 2015, lembrou, sendo alcalde fixen este plantexamento ao Goberno de Rajoy que fixo caso omiso. Nese momento, apostilou, Feijoo e Rueda gardaron silencio.

Descargar todas as imaxes