martes, 24 xan 2023
Abel Caballero manifestou que "é unha gran noticia para a cidade e que Vigo segue avanzando". O alcalde defendeu este luns no Círculo de Empresarios que Vigo tería a subestación coa moi alta tensión e así o confirmou este martes a vicepresidenta terceira e ministra para la Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, tras o Consello de Ministros. Caballero xa solicitara en 2015 esta cuestión, de gran importancia para o tecido industrial da cidade, ao Goberno de Mariano Rajoy, que fixo caso omiso. Precisamente, hoxe en rolda de prensa, o rexedor criticou o silencio de Rueda e Feijóo nese momento.
martes, 24 xan 2023
Abel Caballero deu conta da situación actual da grada, que xa conta con catro das sete pezas colocadas. O Concello tamén informou ao club da localización das 4 cantinas que terá a grada.
martes, 24 xan 2023
Os datos do instituto Nacional de Estadística confirman o Nadal de Vigo como unha potencia turística, situando a Vigo como a primeira cidade de Galicia. O Ministerio de Transportes, mediante seguimento de sinais móbiles, situou en máis de 47.000 os visitantes diarios a cidade.
martes, 24 xan 2023
O goberno local conmemorará o Día Mundial dos humedais con dúas actividades que incluirán visitas e percorridos medioambientais. O xoves 2 de febreiro será a quenda escolar, cunha visita didáctica ao humedal da Bouza, mentres que o domingo 5 de febreiro está previsto un acto familiar con actividades para todas as idades cun roteiro ecolóxico e xogos lúdicos.
martes, 24 xan 2023
O alcalde mantivo un encontro co novo presidente da Federación, Iván Sanmartín, no que lle trasladou que o atletismo terá instalacións na grande cidade do deporte na Balsa e en Balaídos.