venres, 27 xan 2023
O goberno local aprobará unha ampliación de tres meses para desenvolver as obras de 3,3 km de paseo fluvial do Lagares que se esta executando entre Manuel Álvarez e a avenida de Madrid, o que permitirá acadar unha extensión de 11 km o actual corredor. Esta actuación, interrompida polas choivas, é un paso máis na transformación do río no principal corredor ecolóxico da cidade, dixo o rexedor.
venres, 27 xan 2023
A San Silvestre volverá ás rúas de Vigo o próximo 19 de febreiro, unha vez que o goberno local decidira retomar a carreira que tivo que suspenderse polo mal tempo. Mantense o trazado e o percorrido, de 4 quilómetros, co que a saída e a meta será na confluencia de Elduayen e Porta do Sol.
venres, 27 xan 2023
O espectáculo da compañía viguesa abre ás 19 horas deste venres, na rúa do Príncipe, a programación municipal deste primeiro semestre de 2023 que ofrecerá 27 espectáculos para tódolos públicos de teatro, danza, circo e maxia.
venres, 27 xan 2023
Abel Caballero presentou xunto a parte do equipo da Asociación Española contra o Cancro a terceira edición das Rutas Saudables co obxectivo de evitar o sedentarismo. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de febreiro e as rutas comezarán o martes 14, que desenvolveranse durante un total de 12 semanas.