O proxecto de Zona de Baixas Emisións da cidade é admitido pola secretaría xeral de Transportes e Mobilidade
O alcalde deu conta que o BOE publicou a relación provisional de solicitudes recibidas para a implantación de Zonas de Baixas Emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano de mobilidade. Caballero resinou que “non comparto o criterio europeo de descargar o custo das Zonas de Baixas Emisións sobre os vehículos máis antigos. Tense que facer co apoio para que os donos/as poidan cambialos”
Trátase dunha convocatoria dentro do Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia financiado cos fondos europeos Next Generation EU, no que Vigo encóntrase entre os proxectos admitidos.
O Concello solicita financiamento para a Zonas de Baixas Emisións, “por un importe total de 4.055.281 euros para: zona centro, praza de Portugal, Bouzas e o Calvario. Trátase de zonas que xa no seu momento decidimos que serían limitadas o tráfico”. Ademais o rexedor engadiu que “a zona de baixas emisións de Vigo no será para sancionar, xa que será acordada e dialogada en canto no la concedan”. A posta en marcha desta iniciativa ten un importe de 5.452.100 euros.
Vigo Vertical
Nunha segunda liña de actuacións, as relacionadas coa implementación de zonas de itinerarios peonís e de mellora da accesibilidade, o Concello optará a fondos europeos para cinco proxectos, todas eles incluídos no Vigo Vertical. O primeiro é o acceso mecánico desde o colexio Losada a Ramón Nieto que ten un custo de 2,2 millóns e unha petición de subvención de 1,6 millóns; o acceso mecánico desde Ramón Nieto ao colexio Fonteoscura e o centro de saúde de Lavadores, cun importe de 1,8 millóns e una solicitude de fondos de 1,3 millóns.
O Concello tamén optará a obter 945.000 euros para cofinanciar a mellora da accesibilidade peonil e humanización entre Romil e Hispanidade, cun ascensor fronte a rúa Feliciano Rolán; que ten un custo de 1,2 millóns. Outra das iniciativas son as obras de mellora da accesibilidade previstas no contorno do centro de saúde de Teis, orzamentadas en 1,3 millóns, dos que os fondos de recuperación asumirían 972.000 euros. En quinto lugar, incluíuse un ascensor e unha rampla entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón, cun importe de proxecto de 1,6 millóns dos que 1,1 procederán de Europa.
O Concello solicitará en conxunto 9.694.067 euros para estes cinco proxectos do Vigo Vertical, ademais da implantación das zonas de baixas emisións.