Escoitar

Hostaleiros e comerciantes organizan un acto para recoñecer o labor do Concello na campaña do Nadal

O alcalde trasladou esta mañá o seu agradecemento polo acto de recoñecemento organizado por hostaleiros e comerciantes pola campaña do Nadal. En rolda de prensa, explicou que tamén recibiu mensaxes de gratitude doutras localidades que tamén se beneficiaron do efecto das luces de Nadal de Vigo.

mércores, 25 xan 2023
Arquivo: Imaxe da homenaxe do ano pasado
Arquivo: Imaxe da homenaxe do ano pasado

O alcalde avanzou esta mañá que esta mesma semana o Concello recibirá un recoñecemento por parte do sector da hostalaría e do comercio pola súa labor na campaña do Nadal. Caballero, quen cualificou de “colosal” o período navideño, anunciou a súa presenza no acto e agradeceulles esta homenaxe por un traballo que “foi exclusivo do Concello e da cidade”. En rolda de prensa, explicou que recibiu mensaxes de gratitude de hostaleiros e comerciantes doutros territorios dado que o efecto do Nadal de Vigo chegou aos seus negocios. Concretamente, referiuse a lugares como O Morrazo, o Grove ou localidades da Área Metropolitana.

Descargar todas as imaxes