Este venres 27 de xaneiro elévase a quinta parte da estrutura da grada de Marcador
Abel Caballero deu conta da situación actual da grada, que xa conta con catro das sete pezas colocadas. O Concello tamén informou ao club da localización das 4 cantinas que terá a grada.
Na rolda de prensa sinalou que “en canto estean colocadas todas as pezas da estrutura, arrincaremos inmediatamente coa cubrición”. Con motivo da acumulación de material da cuberta, “cerraremos a rúa Val Miñor, desviando o tráfico pola rúa Olímpicos, que durante este período será de dobre sentido”.
A semana pasada o Concello de Vigo trasladou ao Celta a localización das catro cantinas coas que contará a nova grada de Marcador, situando dúas na parte superior e outras dúas na parte baixa do graderío. Caballero sinala que “serán explotadas polo Celta, que contará con estes ingresos que a cidade pon a disposición do clube”.