Caballero e Rey unen forzas para a reforma do financiamento local e a captación de fondos Next Generation EU

mércores, 17 nov 2021

O alcalde de Vigo e a súa homóloga na Coruña solicitan “un financiamento adecuado” para levar adiante a acción dos gobernos locais. Ambos os mandatarios lamentaron que a Xunta de Galicia apenas proporcione fondos: “O Goberno de España proporciona fondos para as nosas cidades por valor duns 80 millóns; da Xunta recibimos 5 millóns”, declarou o primeiro edil vigués.

O alcalde visita a montaxe do carrusel da Porta do Sol

martes, 16 nov 2021

Abel Caballero supervisou este martes a instalación da estrutura, que ten unha plataforma de 10,5 metros de diámetro, e que conforma unha das atraccións clásicas do Nadal de Vigo. Situado na Porta do Sol, o carrusel cuberto ten dous pisos superpostos xiratorios, con cabalos e góndolas, nos que irán sentadas as nenas e nenos para gozar da experiencia. Amais, Caballero achegouse ata a árbore de Policarpo Sanz onde están rematando os traballos de montaxe.

Abel Caballero desexa á atleta Aintzane Dapena "toda a sorte do mundo" no Mundial de Bakú

venres, 12 nov 2021

Abel Caballero recibiu á atleta Aintzane Dapena antes de marchar ao Mundial de Ximnasia de Trampolín que celébrase en Bakú do 18 ao 21 de novembro. O rexedor fixo entrega da bandeira da cidade á ximnasta viguesa que competirá por primeira vez nun Mundial na categoría de dobre minitramp. Dapena é a primeira do Club Sieiro que compite na Copa do Mundo coa selección española sénior. En Azerbaiyán conquistou o bronce júnior no Europeo de 2018.

O castelo luminoso súmase ás iconas do Nadal

venres, 12 nov 2021

Abel Caballero acudiu á montaxe do castelo luminoso en Policarpo Sanz. O novo icono do Nadal de Vigo ten unhas medidas de 6x7x6,7 e lucirá na céntrica rúa no percorrido sinalado para atopar todos os elementos que terá a cidade este ano. A estrutura e o ferrollo están lacados en ouro, o metacrilato ten dous colores e terá altos efectos decorativos durante o día. Ademais, os cordón brancos ten matices cálidos e fríos.