Vigo apaga as luces de Nadal, pero arrinca a conta atrás para a próxima edición
Abel Caballero apagou na tarde de onte as súas luces de Nadal da cidade, que foron acendidas o pasado 19 de novembro, “case 60 días nas que a cidade superou todos os récords imaxinables", ademais o rexedor sinalou que “o Nadal de Vigo fíxose o Nadal do mundo. O Nadal de todas e de todos”.
O Nadal de Vigo apagou os 11 millóns de luces led ás 20:00 da tarde do domingo 15 de xaneiro, nun acto no que o alcalde estableceu que "rematou o Nadal, pero xa empezamos a conta atrás dunha nova, que comezará o próximo mes de novembro, que vai ser marabillosa, e xa digo desde aquí á xente de toda Galicia, España e do mundo que vaian reservando billete para vir á cidade”.
Na rolda de prensa matinal de hoxe, o alcalde sinalou que cos primeiros datos que manexa, a falta das cifras definitivas, “batemos récords, con niveis de ocupación moi por enriba dos niveis máis elevados que houbo nunca na historia”. Abel Caballero reivindicou o Nadal olívico como o novo evento turístico "máis importante de Europa nos últimos anos", converténdose así nunha referencia para "España e Portugal", destacando o "afluencia multitudinaria de amigos e amigas de Portugal á cidade".