Escoitar

Hernán Cortés e María Berdiales confluirán nunha praza pública de máis de 800 m2

O alcalde avanzou esta mañá que na esquina entre Hernán Cortés e María Berdiales haberá unha praza pública de máis de 800 m2 que non se suporá custo algún para o Concello. Así consta no estudio detalle da zona que hoxe mesmo publicou o BOPP.

luns, 16 xan 2023

O Boletín Oficial da publicou hoxe luns o estudo detalle de Hernán Cortés que suporá a ordenación dos volumes que se poden construír na confluencia desta rúa con Doutor Colmeiro Laforet e María Berdiales. Está prevista unha praza pública de 817 m2 nunha zona próxima a un centro educativo con máis de mil alumnos e, polo tanto, con demanda de espazos públicos.

A ordenación, que contempla a construción de de 63 novas vivendas dunha altura máxima de 8 plantas, prevé o derrubamento das edificacións existentes, practicamente en ruínas e que levan baleiros moitos anos. Esta prevista que a zona sexa semipeonil.

Descargar todas as imaxes