venres, 16 feb 2018
Ante os datos de débeda das Administracións Públicas publicados hoxe polo Banco de España, Abel Caballero esixiu que se aplique un tratamento baseado na eficiencia de cada administración. Tal e como explicou a débeda local baixou case un 10% respecto a 2016, mentres que a das CCAA creceu nun 4%.
xoves, 15 feb 2018
O alcalde presentou este xoves o evento, que comeza este sábado con homenaxes ao Lamborghini, Porsche 356, Citroën 2CV e ao Seat 124. O Salón aumenta notablemente os contidos de motos clásicas con casetas especiais dedicadas a Vespa e Montesa de estrada, e presenza de clubs
mércores, 14 feb 2018
Presencia na reforma constitucional, definición de competencias e financiamento local son as principais liñas adiantadas na audiencia real celebrada esta mañá. En verbas de Caballero, "atopamos a un monarca de 2018, moi involucrado e profundo coñecedor da realidade dos municipios".
martes, 13 feb 2018
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP explicou este martes en Pontevedra que "queremos que os nosos recursos sexan utilizados en favor dos nosos territorios" e lamentou a falta de resposta do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Abel Caballero non descarta "máis accións e máis potentes" para impulsar unha solución.
venres, 9 feb 2018
O alcalde recibiu este venres aos organizadores do Congreso Martec 2018 e deu o apoio do Concello aos representantes do instituto de Investigacións Mariñas e o Instituto Español de Oceanografía. A cita celebrarase en Vigo do 2 ao 4 de maio e tratará sobre a política de descartes pesqueiros. Abel Caballero tamén mantivo unha reunión con directivos da Escola de Estudos Empresariais para unha xuntanza internacional na que cooperará o Concello.
xoves, 8 feb 2018
Caballero criticou a situación de "cerrazón total" da Xunta na negociación cos traballadores de Xustiza que están en folga en defensa dos seus dereitos laborais. En rolda de prensa, amosou a súa preocupación pola actitude de falta de diálogo do goberno autonómico e reiterou o seu apoio ás reivindicacións deste colectivo profesional.
xoves, 8 feb 2018
A "III Gala benéfica Nico contra o cancro infantil" encherá de solidariedade o Teatro Afundación o próximo 10 de febreiro. Na rolda de prensa de presentación, o rexedor animou a toda a cidade a participar dun evento que contará con Carlota Corredera, como mestra de cerimonias.
martes, 6 feb 2018
Tras recibir este martes ao agregado cultural da embaixada francesa, Fabrice Charrier, o alcalde explicou que decidiron "buscar mecanismos comúns de intercambio cultural", pois Vigo ten unha "profunda" relación co país galo, por exemplo, na celebración da Reconquista ou na "cultura verniana" da cidade.
luns, 29 xan 2018
Abel Caballero informou de que é unha obra "necesaria e imprescindible" que está axustada á lei. "O problema da auga en Vigo chámase abastecemento en alta para que chegue á potabilizadora", asegurou o rexedor.
venres, 26 xan 2018
O alcalde destacou que os datos do ano pasado relativos a procedementos poñen de relevo que o Concello é "pioneiro" na utilización dos sistemas "online". As estatísticas apuntan a que un 75 dos rexistros xa se fan a través da sé electrónica.