Vigo é elixida polos lectores de The Guardian como cidade ideal de vacacións en España
luns, 27 set 2021Abel Caballero puxo de manifesto a importancia de aparecer “nun dos principais diarios do mundo”.
Abel Caballero puxo de manifesto a importancia de aparecer “nun dos principais diarios do mundo”.
O alcalde participou na xornada inaugural da VIII Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca e apelou “a ter todos unha única voz, que debe ser a dos que facedes a pesca”. Logo de escoitar ao director xeral de Ordenación Pesquera y Acuicultura do ministerio, Caballero incidiu estar “en boas mans” do Goberno de España neste ámbito. O rexedor pediu “seguir progresando” e afirmou que “mentres sexa alcalde non fará nada relacionado co sector sen telo falalo previamente coa pesca de Vigo, xa sexa en infraestruturas, decisións ou formas de proceder”. Caballero sentenciou: “A pesca é una peza clave na economía da cidade”.
O presidente da FEMP foi o convidado de honra na conmemoración do 211 aniversario das Cortes Xerais e Extraordinarias reunidas en San Fernando no ano 1810. O acto organizado polo municipio gaditano e presidido pola súa alcaldesa, Patricia Cavada, celebrouse no Real Teatro das Cortes.
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, reivindicará este venres a importancia do municipal na España moderna durante a súa intervención na conmemoración de 211 Aniversario das Cortes Xerais e Extraordinarias de 1810 que se celebra en San Fernando (Cádiz).
Abel Caballero participou no cumio do proxecto ARTUS convocado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no Auditorio Mar de Vigo, no que participaron comunidades autónomas, concellos, Consorcios das Zonas Francas de Vigo e Barcelona, Deputación de Pontevedra, a DXT e as empresas interesadas en participar no proxecto liderado por Cellnex Telecom.
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este martes á licenza de obra nova e rehabilitación do proxecto de Marqués de Valladares 39, 41 e 43 que comprende un solar e o edificio Ribas.
Abel Caballero puxo en valor os datos de ocupación hoteleira da última fin de semana de setembro que chegaron ao 80% e que se suman aos bos números acadados no mes de agosto, polo que apunta que “Vigo é un gran destino turístico moi apreciado e valorado”.
A cidade vén de recibir un novo premio polas Ramplas da Gran Vía e polo carril bici, dentro dos Premios Semana Europea da Mobilidade Sostible 2020-2021. O alcalde celebrou este recoñecemento porque consolida Vigo como unha cidade referente en novas tecnoloxías, dixitalización e respecto ao medio ambiente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do TSXG, José María Gómez, celebraron este luns unha reunión na Alcaldía viguesa, sendo esta “a primeira vez que un presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén a este Concello”, segundo sinalou Caballero antes do comezo da entrevista.
O alcalde salientou o prestixio e o valor engadido que xera a firma téxtil e amosou a súa satisfacción polo reforzo da dinámica da Avenida de Madrid “cun entorno máis humanizado e maior capacidade de atracción."