Escoitar

O presidente do Grupo Radio Vigo recibirá a Distinción de Honra “Cidade de Vigo”

Eugenio González de Haz y Vizcaíno recibirá o máximo galardón que o Concello pode outorgar a cidadáns ou institucións que destacan pola súa especial contribución ao prestixio da cidade. Ese é o caso do presidente do Grupo Radio Vigo, merecedor da Distinción de Honra “Cidade de Vigo”.

venres, 11 nov 2022

O alcalde vén de propoñer a entrega da Distinción de Honra “Cidade de Vigo” a Eugenio González de Haz, presidente de Radio Vigo Grupo de Comunicación. Esta concesión é a máxima honra que o Concello pode outorgar e recoñece a cidadáns, institucións e entidades que destacaran dun xeito especial e excepcional, contribuíndo de xeito determinante ao prestixio da cidade. “Eugenio reúne sobradamente estes méritos”, dixo o rexedor lembrando que o actual presidente de Radio Vigo “e un apaixoado da radio, da información e gran comprometido coa defensa da cidade”.

Eugenio González de Haz y Vizcaíno naceu en Madrid en 1941. Economista, xornalista e empresario, incorporouse á empresa familiar en 1968, fue nomeado director xeral en 1973 e presidente, en 2008. “Case 55 anos de acción profesional acompañando á cidade no seu avance, encabezando a demanda de proxectos ou dotacións vitais para a cidade”. Tal e como destacou Caballero, esta proposta será sometida ao Pleno tan pronto remate a súa tramitación administrativa.

 

Descargar todas as imaxes