Escoitar

O Nadal de Vigo recoñecido como proxecto de desestacionalización turística

O Concello recolleu o recoñecemento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo nunha gala celebrada en Guipúzcoa presidida pola ministra Reyes Maroto.

venres, 11 nov 2022

Vigo recibiu das mans da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, unha mención honorífica nos premios de Comercio pola súa proposta de desestacionalización turística no Nadal.

O goberno local presentou o programa do Nadal “como exemplo notable na desestacionalización do turismo”, co apoio ao comercio local con distintas campañas e a mellora da afluencia aos negocios grazas ao Vigo Vertical.

Atraccións do Nadal no Areal

Abel Caballero anunciou as atraccións para os máis pequenos estarán este ano concentradas no Areal, desde a situación da noria ata o cruce con República Arxentina. Un ano máis os nenos e nenas poderán gozar da pequena noria, o tren da alegría, un simulador virtual e os coches de choque.

Descargar todas as imaxes