Vigo celebra a IV Batalla Mural do Concurso de arte urbana
O Concello organiza este sábado 12 de novembro a cuarta edición do certame artístico no marco do programa municipal de murais que busca achegar a cultura urbana á cidadanía.
A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle este sábado 12 de novembro a Batalla mural do IV Concurso de Arte Urbana do programa municipal de murais no que diferentes artistas amosarán o seu talento co graffiti. Fora adiado por climatoloxía adversa no mes de outubro.
Tal e como explicou o alcalde en rolda de prensa, o obxectivo do Concello é achegar o valor da cultura urbana, especialmente da arte urbana e do grafiti, á cidadanía. Augurando un “éxito de afluencia de xente e de calidade artística”, explicou Caballero, que se celebra na contorna do Casco Vello “para versionar a visión artística do grafiti, da arte na rúa, da pintura” e serve como unha forma de potenciar os artistas e a súa obra que, no caso da Vigo, queda plasmada nos murais das medianeiras pintados en diferentes espazos da cidade.
A actividade comeza ás 10 da mañá na sede da Deputación coa recepción dos artistas participantes e a entrega dos materiais de traballo. Será entón cando coñezan a temática da batalla, secreta ata ese momento. Ás 11:30 comeza o taller de arte urbana para nenas e nenos de entre 5 e 12 anos que aprenderán a pintar e, a partir das 16:30, anunciaranse os gañadores, previa entregamos dos premios.