Vigo acolle o XVII Campionato de España de Dominó coa participación de 24 equipos
venres, 28 out 2022Abel Caballero trasladou o apoio do Concello ao certame que se celebra desde este sábado 29 de outubro e ata o luns 31 no Hotel Bahía.
Abel Caballero trasladou o apoio do Concello ao certame que se celebra desde este sábado 29 de outubro e ata o luns 31 no Hotel Bahía.
O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 5º e 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Coñece o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polo seu traballo e polo funcionamento do Pleno Municipal
Abel Caballero: “A Igualdade está sendo atacada e non se poden lexitimar ideas que van en contra da metade da poboación, de dereitos tan importantes”
O alcalde asistiu este mércores ao XXVI Encontro Sindical de Muller da UXT, celebrado en Vigo, coa participación de máis dun centenar de delegadas e delegados da organización de traballadores. Caballero puxo en valor o papel feminino na mobilización sindical e a prioridade que debe darse ao feminismo para que “ocupe todo o seu espazo” e avogou por “tecer entre todos un proceso de alianza pola igualdade para que Vigo siga sendo un exemplo en cuestións como o avance do feminismo”. Con todo, lamentou que nestes momentos se estean dando pasos atrás nalgunhas comunidades autónomas e gobernos europeos e “non podemos permitir ningún retroceso”.
Abel Caballero, David Regades, delegado do Consorcio da Zona Franca en Vigo, Manuel Martínez Pan, delegado territorial de la ONCE en Galicia e Roberto Gaspar, director de la ONCE en Vigo, presentaron este mércores o cupón que a entidade dedica o vindeiro 31 de outubro ao 75 aniversario da Zona Franca.
A Casa das Artes acolle do 25 ao 27 de outubro o primeiro Encontro Internacional de Mulleres da Escena en Igualdade, organizado pola asociación Clásicas y Modernas co apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo. No foro, as directoras, dramaturgas, produtoras, xestoras e creadoras de todo o mundo abordarán as barreiras coas que se atopan as profesionais do sector e propoñerán respostas a estes desafíos. Abel Caballero saudou este mércores ás participantes no encontro poñendo en valor a súa profesionalidade e apelando á necesidade da igualdade real en tódolos sectores.
A FEMP reitera ao MITMA a necesidade de ampliar o prazo para establecer Zonas de Baixas Emisións. O Presidente, Abel Caballero, subliñou a necesidade de dispoñer do Real Decreto que desenvolva a lei e permita aos concellos establecer ordenanzas reguladoras. A Xunta de Goberno da FEMP, reunida hoxe en Vigo, defendeu a autonomía dos gobernos locais sobre as CCAA no ámbito urbanístico e reclamou seguridade xurídica para o plan.
O alcalde trasladou este luns o pésame á familia da muller, que foi acoitelada no seu domicilio por un veciño este domingo, e manifestou no nome da cidade “todo o noso rexeitamento a un crime tan terrible”. O Concello vén de decretar un día de loito oficial e as bandeiras a media hasta durante esta xornada. Sobre os feitos acontecidos, Caballero apuntou que “esperamos que o xulgado diga as circunstancias nas que se produciron”.
Esta mañá o rexedor participou xunto á ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e ao vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde, na presentación do PERTE do Naval que acolleu a cidade. Durante a súa intervención o alcalde sinalou que "segue sendo o momento da construción naval, sigue sendo o momento do transporte de barcos, en Vigo sabemos moi ben que é totalmente competitivo".
Abel Caballero saudou ao alumnado que compartiu os proxectos que presentarán á Liga Maker Drone, unha competición estudantil organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia na que cómpre deseñar e programar un dron para resolver un problema social de actualidade. O alcalde louvou ao estudantado de 2ºESO do IES Santo Tomé que participan neste proxecto e foron seleccionados entre 18 centros de toda Galicia.