Escoitar

O rexedor agradece á ONCE o cupón dedicado ao 75 aniversario de Zona Franca

Abel Caballero, David Regades, delegado do Consorcio da Zona Franca en Vigo, Manuel Martínez Pan, delegado territorial de la ONCE en Galicia e Roberto Gaspar, director de la ONCE en Vigo, presentaron este mércores o cupón que a entidade dedica o vindeiro 31 de outubro ao 75 aniversario da Zona Franca.

mércores, 26 out 2022

O alcalde celebrou que a ONCE dedique o cupón do 31 de outubro ao aniversario da creación do Consorcio xa que permitirá "levar a imaxe de Vigo e de Zona Franca por toda España". Amais recoñeceu a súa aposta decidida polo labor social: “sodes un modelo de entender a sociedade e a inclusión”. Ao tempo, Caballero puxo en valor o “desenvolvemento económico” tan importante da Zona Franca en Vigo e na súa área xa que “todo o solo de Zona Franca é para actividade económica”.

O Delegado do Estado de Zona Franca, David Regades, salientou o modelo de inserción laboral da ONCE valorando que a “inclusión de tódalas persoas nunha sociedade avanzada tamén ten que ser no mercado laboral” e trasladou a satisfacción do Consorcio pola dedicación deste cupón ao seu aniversario.

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE en Galicia explicou que 5 millóns de cupóns do sorteo do vindeiro 31 de outubro, difundirán a efeméride de Zona Franca

Descargar todas as imaxes