Escoitar

Caride urxe a construción do IES de Navia e di “non fiarse” da Xunta

A edil do Urbanismo compareceu en rolda de prensa para informar que o Concello está á espera da sinatura do convenio co compromiso da construción do IES en Navia, orzamento, prazos e finalización da obra: “Hai que materializalo, non queremos que ocorra o mesmo que co centro de saúde de Bouzas”, expresou.

martes, 25 out 2022

A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María José Caride, lamentou en rolda de prensa que o Concello estea a esperar avances da administración autonómica na urbanización de Navia para vivenda protexida, a construción do IES no mesmo barrio, o proxecto da ETEA, a estación de autobuses ou o Centro Galego de Arte Contemporáneo.

María José Caride explicou que o Concello está a esperar de que a Xunta presente os proxectos de urbanización “que xa están en condiciones de presentar para a súa aprobación definitiva, en particular o P.S. 2b, onde está situado o IES de Navia e no que xa presentáronse as alegacións fai 3 meses”.

En canto ao IES de Navia, Caride lembrou que “foron as asociacións de pais e nais, a comunidade educativa e o Concello quen forzamos á Xunta ao menos dicir que é preciso facer un instituto, cousa que negaron con anterioridade”. A edil di “non fiarse” da Xunta e exixe a sinatura do convenio co compromiso de construír nese chan o centro educativo de educación secundaria, con orzamento, prazos de execución e finalización da obra”.

Ampliación Navia, ETEA e estación de autobuses

“Para nós é inexplicable que logo de 13 anos esperando pola ampliación de Navia e a ETEA e que agora digan desde o PP que atrasamos as actuacións”, expresou en rolda de prensa.

Sobre a Navia a concelleira expresou que “a día de hoxe non temos nada sobre a mesa que a Xunta estea a esperar, máis ben o contrario, estamos esperando no Concello o proxecto definitivo logo de enviar fai 3 meses as alegacións” e sobre a ETEA explicou que “o chan que pídelle a Xunta ao Concello non é municipal, polo que non poden poñer a disposición da administración autonómica. Dino una sentencia” e engadiu unha solución: “A Xunta ten os mecanismos, mesmamente o seu propio plan sectorial que habilita á expropiación deses terreos. Ou van a estar 13 anos máis esperando?” preguntouse.

Para Caride a Xunta non ten vontade de axilizar estes proxectos: “O Concello sempre ten a máxima vontade de cooperación, tamén para a estación de autobuses, da que seguimos a esperar a comunicación da Xunta de cales son os cambios que se producirán nas rutas dos autobuses, que debe facelo legalmente e que o Concello ten que informar dito documento” ao que engadiu que “é un requisito legal, reglado con prazos de resposta”. O resto vai segundo o previsto, concluíu.

CGAC

Outro dos atrasos da administración autonómica que alegou a tenente de alcalde foi a espera de máis dun ano para que a Consellería de Cultura informe “se a sede elixida para o Centro Galego de Arte Contemporáneo en Vigo é idónea, como dixo o PP”.

Descargar todas as imaxes