O Concello decreta un día de loito oficial en repulsa polo asasinato dunha muller na cidade
O alcalde trasladou este luns o pésame á familia da muller, que foi acoitelada no seu domicilio por un veciño este domingo, e manifestou no nome da cidade “todo o noso rexeitamento a un crime tan terrible”. O Concello vén de decretar un día de loito oficial e as bandeiras a media hasta durante esta xornada. Sobre os feitos acontecidos, Caballero apuntou que “esperamos que o xulgado diga as circunstancias nas que se produciron”.
Descargar todas as imaxes