Escoitar

O Circo de Nadal volverá á explanada de Coia entre o 2 de decembro e o 8 de xaneiro

A explanada de Coia será un ano máis o espazo elixido para instalar o Circo de Nadal, que abrirá as súas portas entre o 2 de decembro e o 8 de xaneiro. As entradas estarán á venda a partir do luns 24 de outubro.

venres, 21 out 2022

Abel Caballero avanzou esta mañá que o Circo de Nadal volverá instalarse na Avenida de Castelao entre o 2 de decembro e o 8 de xaneiro. O espectáculo, cun elenco de 15 artistas, conta con acróbatas, malabaristas, equilibristas e paiasos e as entradas estarán á venda a partir do próximo luns.

Visitas Pereiró

En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta da continuidade das visitas guiadas a Pereiró, que continuarán os próximos 24, 25, 26 e 27 de outubro. Son 20 xornadas con tres quendas cada día: 18:30, 19:30 e 20:30 horas, cun aforo de 25 persoas por quenda, de xeito que serán 1.500 as persoas que participen nas visitas este ano. A última sesión será o 9 de novembro.

O rexedor deu conta da boa acollida do programa que está tendo un “éxito extraordinario” e que permite percorrer Pereiró, durante 90 minutos, coñecendo a historia da cidade da man de actores que representan a Concepción Arenal, Irene Ceballos, a Marquesa de Valladares ou Cachamuíña. A reserva é gratuíta desde hoxe ás 10,00 h tanto de xeito presencial, na Oficina de Turismo municipal, como telemática, a través da web www.visitasguiadas.vigo.org.

 

 

 

Descargar todas as imaxes