O Concello de Vigo envórcase no apoio a Avempo e aá súa carreira solidaria "Móvete pola esclerose múltiple"
A asociación Avempo recupera este domingo a súa carreira solidaria Eu Móvome pola Esclerose Múltiple, que organiza este domingo (11:00 horas) con Bouzas como epicentro. Regresa a proba, que ademais compatibiliza este ano a experiencia presencial coa virtual. Pois o virtual sostivo a alma do evento nas dúas edicións non corridas de 2020 e 2021.
A concelleira de Política e Benestar Social, Yolanda Aguiar, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciaron tras “tempos difíciles e moi complicados pola pandemia, as restricións e o confinamento, e polo que sufriron os pacientes con esclerose múltiple”, a volta desta carreira solidaria, explicaron. De feito, “é unha satisfacción engadida porque este ano a carreira cumpre a súa décima edición e recóbrase a presencialidade da carreira e introdúcense novidades presenciais e virtuais”, dixo Aguiar.
Os concelleiros animaron a participar nesta carreira solidaria e Fernández lembrou que é un dos eventos do calendario oficial deportivo vigués. A un día do peche de inscricións hai unas 800 persoas que confirman a súa participación, ben nas carreiras atléticas, ben na andaina.
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra, mantén o percorrido de anos anteriores e pechará as súas inscricións este martes a medianoite. Deste xeito o circuíto dominical contará con tres opcións, dúas á carreira (un 5K de 5.050 metros e un 10K de 10.100 metros) e irá dende a Alameda de Suárez Llanos (saída e meta) percorrendo Pescadores, Eduardo Cabello, Avenida Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás A. Alonso. A andaina dará unha volta ao circuíto.
Dende Avempo, Lara González, a súa presidenta, incidiu en que este ano “atopámonos coa dura realidade da disminución dos patrocinadores e a subida dos custes nun 50%”, o que é motivo de preocupación para a asociación.
Ademais, a concelleira lembrou que “Avempo está a pasar por momentos complicados dende o punto de vista da súa sustentabilidade e todo o esforzo que fagamos entre todos é pouco para unha asociación tan importante”. De feito, a responsable da política social incidiu en que “non imos escatimar esforzos para que poida seguir adiante co seu traballo”.