mércores, 26 outubro 2022

O Pleno esixe a inmediata reposición da praza de pediatría amortizada no Pintor Colmeiro

mércores, 26 out 2022

O grupo socialista contou co apoio do Grupo Mixto e do conselleiro non adscrito para sacar adiante unha proposición que reclama a reposición de xeito inmediato da praza de pediatría que se vén de amortizar no centro de saúde Pintor Colmeiro. O texto critica que a decisión do Sergas obrigou a redistribuír a 950 nenos e nenas a outros centros sanitarios.

Abel Caballero salienta a importancia da muller na mobilización sindical

mércores, 26 out 2022

O alcalde asistiu este mércores ao XXVI Encontro Sindical de Muller da UXT, celebrado en Vigo, coa participación de máis dun centenar de delegadas e delegados da organización de traballadores. Caballero puxo en valor o papel feminino na mobilización sindical e a prioridade que debe darse ao feminismo para que “ocupe todo o seu espazo” e avogou por “tecer entre todos un proceso de alianza pola igualdade para que Vigo siga sendo un exemplo en cuestións como o avance do feminismo”. Con todo, lamentou que nestes momentos se estean dando pasos atrás nalgunhas comunidades autónomas e gobernos europeos e “non podemos permitir ningún retroceso”.