Escoitar

O Concello de Vigo programa máis dunha trintena de actividades para Samaín

O alcalde avanzou que “Navia, Calvario, Príncipe y Bouzas acollerán 33 actividades durante os días 29, 30 e 31 de outubro y 1 de novembro”.

martes, 25 out 2022

Abel Caballero presentou na rolda de prensa matinal a programación realizada para o Samaín 2022, sinalando que “este ano contará con 33 actividades”, fronte as 19 realizadas o ano anterior. Celebrarase os días 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.

O Concello instalará dúas carpas, unha na contorna de Navia (Rúa Teixugueiras) e o Calvario (Rúa Cronista Espinosa), que contarán con actividades que arrincarán dende as 11:30h ata as 22:00h (coa excepción do luns, que arrincará ás 17:30h e o martes, que rematará ás 19:00h). En ambas carpas preparamos unha programación familiar, con actividades e actuacións para os máis pequenos con actividades como: talleres infantís e de ciencia; actuacións de magos e pallasos infantís; teatro e contacontos; interpretacións musicais a cargo de bandas de música e grupos de pandereteiras e concertos de grupos musicais de pop e rock.

Como novidade, este ano realizaranse 5 pasarúas para animar diferentes zonas cidade. Estarán a cargo de charangas (“A ti ritmo” e “Sempre kchondeo”), grupos de batuka (“Aperta”) e grupos de animación (“Abutres do Samaín” e “Menudo Samaín). Terán lugar o sábado 29, ás 11:30h no Calvario; ás 17:30h en Navia e ás 18:30h en Príncipe, que acollerá tamén o pasarúas de domingo e luns, tamén ás 18:30h. Tamén en Bouzas se celebrará o Samaín o día 29 de outubro, a partir das 17:00h na Alameda de Bouzas, onde contará con actuacións infantís.

Descargar todas as imaxes