Escoitar

Vigo acada os 160 millóns de euros en investimentos no ano 2023

O alcalde informou este xoves das actuacións que proxecta o goberno municipal para o vindeiro exercicio poñendo en valor a “estabilidade e seguridade política” do seu goberno, que aprobou tódolos anos o orzamento municipal “en tempo e forma” e salientou o incremento do 30% no gasto para 2023.

xoves, 3 nov 2022
O alcalde, Elena Espinosa e Javier Pardo no inicio da humanización de Martínez Garrido, para a que se proxecta unha nova fase en 2023
O alcalde, Elena Espinosa e Javier Pardo no inicio da humanización de Martínez Garrido, para a que se proxecta unha nova fase en 2023

O Orzamento de Vigo para o vindeiro ano suma 160 millóns de euros en investimento total: 33 millóns de euros en actuacións proxectadas aos que cómpre incorporar 10 millóns de euros máis de fondos europeos e os máis de 100 millóns de euros que están en execución a través de créditos extraordinarios. “Multiplicamos por dez o investimento dun ano promedio” experimentando “un incremento do mil por cen no investimento”, apuntou Abel Caballero ao dar conta das cifras.

O alcalde detallou as actuacións que acometerá o Concello con este orzamento:

-Recuperación da praia de Samil: 3,9 millóns de euros
-Plan de mellora de firmes: 2,7 millóns de euros
-Novo Parque de Bombeiros en Esturáns: case 2 millóns de euros
-Humanización San Roque, Gregorio Espino e Reiseñor: 1,5 millóns de euros
-Humanización da Avenida de Castelao desde a rotonda do barco ata Darío Durán: 850.000€
-Parque infantil rúa Coruña: 800.000€
-Rematar a Grada de Marcador no Estadio de Balaídos: 899.000€
-Investimentos e melloras en instalacións deportivas: 380.000€
-Plan humanizacións en barrios: 500.000€
-Estudos de seguridade e saúde, asistencias de traballos técnicos e redacción de proxectos: 324.000€
-Expropiacións para o novo paseo do Lagares que o Concello está completando: 250.000€
-Proxecto e primeira fase e licitación das pistas de atletismo de Balaídos: 230.000€
-Humanización rúa Roupeiro: 150.000€
-Supresión barreiras arquitectónicas en vías públicas: 140.000€
-Humanización Foxos ata Sanjurjo Badía: 100.000€
-Escultura Rosalía de Castro e colocación: 100.000€
-Equipamentos bombeiros: 277.000€
-Equipamentos área seguridade: 179.000€
-Equipamentos museos: 160.000€
-Mantemento e conservación de ascensores e ramplas: 185.000€
-Adquisición vehículos: 125.000€
-Concurso de ideas proxecto da Casa do concello, Praza do Rei e Paseo de Granada: 100.000€
-Recuperación zonas verdes e parques públicos: 100.000€
-Parques infantís e biosaudables: 100.000€
-Adquisición equipos informáticos: 100.000€
-Patrimonio municipal: 100.000€
-Cemiterio ecolóxico en Pereiró: 90.000€
-Investimentos de mellora en centros cívicos municipais: 80.000€
-Mobiliario urbano: 80.000€
-Mellora instalacións deportivas en parques: 80.000€
-Equipamento deportivo: 80.000€
-Caldeiras e equipos técnicos e instalacións deportivas: 75.000€
-Mellora accesibilidade ao Centro Comercial Coia- rúa Mondariz: 50.000€
-Mellora zona peonil cuberta en Praza do Emigrante: 50.000€
-Cubrición patios en colexios: 50.000€
-Instalación ascensor en Asociación de Veciños Navia Vello: 50.000€
-Instalacións deportivas para centros educativos: 50.000€
-Axuda a melloras de instalacións deportivas: 50.000€
-Investimento alumeado e reposición maquinaria: 50.000€
-Pavillón Matamá, licitación: 50.000€
-Adquisición programa de xestión de frota de vehículos: 50.000€
-Mellora escenario Castrelos: 40.000€
-Mellora da accesibilidade en Torrecedeira: 25.000€
-Vigo Vertical: rampla Travesía de Vigo-Aragón (1.584.000€), ascensor en Travesía de Vigo entre o 160-209 (536.000€), ascensor Juan Ramón Jiménez desde Jacinto Benavente ata Torrecedeira (1.240.000€), ascensor en zona de Camelias ata Romil (1.343.000€), rampla de acceso ao Centro Saúde de Teis (972.000€), rampla Ramón Nieto-Fonte Escura en Lavadores (1,4 millones de euros), rampla Colexio Losada-Ramón Nieto (1,7 millóns), ascensor Romil-Hispanidade con humanización entre Amor Ruibal e Feliciano Rolán (950.000€)
-Subvencións e transferencias de capital: 739.000€. Inclúe, entre outras partidas, accesibilidade edificios, subvención mellora fogares, Patrimonio Histórico-Artístico Relixioso, cooperación no financiamento do arranxo da cuberta do Cuartel da Garda Civil (100.000 euros), subvencións a entidades cidadás e colectivos (175.000€)
-Estratexia DUSI: 246.910€ (para finalizar o edificio do Centro Social da Praza Princesa, entre outros)
-Redacción do proxecto de humanización de varias rúas: Serafín Avendaño (entre García Barbón e Canadelo Baixo), Darío Durán, Rosalía de Castro (entre Pontevedra e República Arxentina 1ª fase), Xirona (entre Alfonso X e Álvaro Cunqueiro), Pintor Laxeiro (entre Camelias e Regueiro), Simón Bolívar e Colmeiro Laforet, Rocío, Eugenio Arbones, Manuel Martínez e Praza Sardiña, Pega, Aguia, Viais interiores A Salgueira, Pazo, Praza Vila e Santo Cristo, Pintor Lugrís, 6ª fase Martínez Garrido, Caracas, Progreso (entre Doutor Cadaval e Pracer), Tranviarios, Tomiño, Severo Ochoa, Couto San Honorato e Salvador Allende.

 

Descargar todas as imaxes