xoves, 3 nov 2022
As contas municipais para o ano que vén subirán o gasto en 100 millóns respecto a 2022 ata elevar a cifra aos 385 millóns. Este incremento é compatible cunha baixada real do 17% en taxas e impostos, que por cuarto ano consecutivo foron conxelados, tal e como avanzou esta mañá o rexedor.
xoves, 3 nov 2022
Esta nova acción permitirá a conexión peonil entre ambos marxes da autoestrada AP-9, substituíndo a existente e mellorando as súas prestacións en materia de seguridade e accesibilidade.
xoves, 3 nov 2022
Abel Caballero visitou esta mañá ao alumnado e claustro do CEIP Mosteiro-Bembrive, que conta cunha nova instalación polideportiva arranxada polo Concello. O rexedor percorreu as instalacións xunto á directiva do centro e tomou nota das necesidades trasladadas polo profesorado e alumnos e alumnas. No encontro, Caballero achegouse a un aula onde foi entrevistado polos estudantes de 6º de Primaria do Mosteiro-Bembrive, unha entrevista na que trasladou aos pequenos as súas inquedanzas profesionais e persoais e aos que animou a estudar e facer caso aos pais e nais e aos mestres e mestras.
xoves, 3 nov 2022
Abel Caballero e Carmela Silva participaron esta tarde no acto de apertura do curso académico 2022/2023 da UNED, universidade financiada en Vigo por Concello e Deputación. O alcalde, aproveitou a súa intervención para ratificar o compromiso municipal con esta institución académica e eloxiou a súa calidade formativa, con 14 títulos. Rematou a súa intervención lembrando que tería que ser a Xunta de Galicia a administración que financiara a UNED de Vigo, igual que o fai co resto das universidades galegas. No acto tamén estiveron presentes Víctor M. González, director do Centro da UNED en Pontevedra e María del Carmen Martínez, coordinadora da aula de Vigo.