Escoitar

O goberno local adica 120.000 euros á exposición de Laxeiro no MARCO

A Xunta de Goberno aprobou a subvención para a organización da exposición centrada no artista ao que acompañarán outros da súa época como Solana, Vázquez Díaz e Benjamín Palencia.

mércores, 2 nov 2022

Entre febreiro e xullo de 2023 o MARCO acollerá a exposición “Laxeiro, a arte da súa época”, unha mostra para a que o goberno local adica 120.000 euros. “A gran exposición, das máis importantes que fíxose nunca de Laxeiro en ningún sitio”, afirmou Caballero.

As obras de Laxeiro estarán acompañadas das de outros artistas da súa época; Solana, Vázquez Díaz e Benjamín Palencia, entre outros. “Son prestadas e cedidas por outros museos”, explicou o rexedor.

Descargar todas as imaxes