O Concello inaugura unha exposición en Pereiró sobre a historia do cemiterio
O alcalde inaugurará a mostra o 1 de novembro con motivo da festividade de Todos os Santos. A exposición ten 16 paneis con texto explicativo e imaxes sobre a historia e evolución do cemiterio de Pereiró.
O cemiterio de Pereiró acollerá desde o 1 de novembro unha exposición sobre a historia e a evolución do camposanto. Abel Caballero inaugurará a mostra con motivo da festividade de Todos os Santos.
O alcalde explicou en rolda de prensa que o obxectivo é dar unha visión xeral de cada época e poder ver como cada momento histórico en particular fixo cambiar a fisionomía de Pereiró. Haberá 16 paneis distribuídos en catro cubos, con textos explicativos e configurando unha exposición dinámica e de carácter visual. Una acción que tamén ocorrerá os próximos anos no resto de cemiterios: "Estudaremos a arquitectura funeraria de todos os cemiterios de Vigo", manifestou en rolda de prensa.
Nos paneis pódense observar exemplos de arquitectura e escultura, a historia da capela, o xardín da memoria histórica, os panteóns de García Barbón, Policarpo Sanz ou Jenaro de la Fuente e o gran monumento a Concepción Arenal que preside a entrada a Pereiró.
Os cemiterios están abertos este 31 de outubro e o 1 e 2 de novembro en horario continuado de 9 a 18:30 horas.